23 abr 2020

WEBINAR "BOAS PRÁCTICAS NO MARKETING DIXITAL PARA SAIR DA CRISE: CONSELLOS PRÁCTICOS"

Pechado

 

Boas prácticas no marketing dixital para saír da crise :consellos prácticos

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación, o teletraballo e o márketing en liña.

Nunha crise como a actual, as empresas turísticas precisan reforzar  a súa comunicación. Hai moitas cousas que se poden facer para manter o contacto cos clientes durante o tempo que os negocios están pechados e unha vez que se volvan abrir... teremos que facer moita comunicación.
 

Neste webinar compartiremos a experiencia de exemplos prácticos de empresas do sector do turismo e elaboraremos as nosas propias accións.

O obxetivo é a elaboración dun plan de comunicación e execución de xeito práctixo poñendo en valor as habilidades adquiridas, a partir de  casos prácticos reais que podiamos aplicar ao noso negocio.



DATA: Xoves, 23 de abril ás 11:00 h.


Nº PRAZAS: 150

RELATOR: Celso Gómez Corbal
Emprendedor e experto en eCommerce e márketing con experiencia de 20 anos no mercado galego, xestionando canais, tendas en liña, campañas SEM ou  motores de reservas en empresas turísticas, entre elas o Talaso Atlántico de Oia e o Grupo Predomina. É Director de Operacións da startap Bonos Bienestar.  É Diplomado en Turismo e Máster en Organización e Dirección Turística (Especialidade Turismo de Saúde). Recibiu o  Premio no Hackathon: DESTInno na II Xornada TurisTIC (2019) de solucións de promoción de destinos turísticos intelixentes.



DESTINATARIOS:
Prioritariamente, propietarios de pemes e traballadores de bares, cafeterías, restaurantes, aloxamentos e outros establecementos hostaleiros. Outros
profesionais do sector turístico.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario:  pique aquí
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18
 

Arriba