27 xan 2021

WEBINAR “O PLAN DE MARKETING DIXITAL NUN MERCADO OMNICANAL”

Pechado


WEBINAR “O plan de marketing dixital nun mercado Omnicanal”

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.

A publicidade e a promoción no negocio turístico acelerouse coa transformación dixital e as contornas volátiles. A complexidade do mercado, a dispersión de canles e o empoderamento do cliente forzan ao noso negocio a unha rápida e eficaz adaptación para conquistar os mercados turísticos.

 

OBXETIVOS

Aprender a evolucionar e adaptar o noso márketing na nova contorna.
Comprender as diferentes compoñentes do márketing dixital para dominar a contorna.
Integrar información, canles, plataformas, formatos e pezas de contido nunha única estratexia de márketing.
Dominar os procesos e os tempos do  inbound márketing e do márketing de contidos


DATA: Mércores, 27 de xaneiro  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 150



RELATOR: Joantxo Llantada

Licenciado en Xestión comercial e Marketing ( ESIC) e Máster de Investigación operativa e Sistemas ( Universidade de Valencia), conta con máis de 25 anos de experiencia en márketing de servizos e é experto en Innovación e tendencias do mercado turísticos, transformación dixital e novos modelos de negocio. Foi Director de Invat. tur - Instituto Valenciano de Tecnoloxías Turísticas, e participou no Deseño da Estratexia de Transformación Dixital do Turismo da Comunitat Valenciana entre outros proxectos para administracións públicas en materia turística. É profesor en materias de márketing, estratexia dixital e innovación en diferentes programas de escolas de negocio e Universidades como no MBA Turismo do Instituto de Empresa, Master eTourism para o CETT (Universidade de Turismo de Barcelona), Máster Internacional de Innovación da UCAM de Murcia, MBA de Turismo y Ocio da Universidade Católica de Valencia, entre outras.

 

DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

Arriba