24 mai 2021

CURSO DE XESTIÓN DE EMPRESAS DE ALOXAMENTO

Pechado

Prazo de Admisión: do 20 ao 30 de abril

Prazo de Matricula. 07 a 14 de maio


Programa

 

Este curso forma parte do Plan de formación do sector turístico, no que a  Xunta de Galicia, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) se alía coa  Universidade de Santiago (USC)  para avanzar na profesionalización  e a mellora da competitividade deste tipo de negocios no Xacobeo 2021 22.


MODALIDADE: Semipresencial

Total 50 horas. (5 créditos)
40 horas presenciais,  10 horas non presenciais.

DATA: Do 24 de maio ao 25 de xuño de 2021

HORARIO: Xornadas presenciais: 10.00-14:00 e de 15.30 a 19:30 os luns 24 e 31 de maio; 7, 14 e 21 de xuño.

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)
Estrada Santiago –Noia km. 1 A Barcia  15896 Santiago de Compostela

Nº PRAZAS: 20

DESTINATARIOS:
Propietarias/os ou xerentes de aloxamentos de Galicia.

REQUISITOS MÍNIMOS:
-Experiencia profesional de mínimo 1 ano en postos de responsabilidade na  xestión de empresas de aloxamento.
-Estar na actualidade desempeñando ese posto nun aloxamento de Galicia ou en situación de ERTE.
-Coñecementos básicos no manexo do ordenador, así como un coñecemento básico do sistema operativo Windows.


OBXETIVO:
O obxectivo do curso é proporcionar ferramentas prácticas de xestión para dirixir un establecemento de aloxamento coa finalidade de incrementar a calidade dos servizos prestados a turistas e cidadáns. Ademais, mellorará as destrezas dos profesionais á hora de acadar unha maior rendibilidade dos seus negocios, optimizando os recursos materiais e humanos de cada establecemento.

CONTIDOS:

MÓDULO I: DIRECCIÓN DE ALOXAMENTO:XESTIÓN DE RECEPCIÓN, PISOS E LAVANDERÍA

SESIÓN 1: Dirección de aloxamento: Xestión de recepción
O novo consumidor turístico e o deseño do produto de aloxamento
A psicoloxía do cliente e técnicas de vendas
Técnicas de fixación de prezos e indicadores de xestión
Reservas, atención ao cliente e inglés para o departamento de aloxamento

SESIÓN 2: Xestión de pisos e lavandería
Elaboración de quendas e horarios
Inventarios e stock de almacén
O ciclo de limpeza, revisión de habitacións
Protocolos COVID-19

MÓDULO II: A XESTIÓN DE RECURSOS HUMÁNS NUN ALOXAMENTO TURÍSTICO

SESIÓN 3: Adaptación dos recursos ás necesidades: organización de dimensionamento
Definición e distribución de funcións
Dimensionamento de plantillas

SESIÓN 4: A Xestión de Persoas

Desenvolvemento e evolución da cultura organizacional.
Xestión de equipos e persoas

MÓDULO III: NOVA REALIDADE DOS ALOXAMENTOS TURÍSTICOS: INNOVACIÓN E TENDENCIAS

SESIÓN 5: Xestión sostible e eficiencia enerxética en aloxamentos

Xestión medioambiental no sector turístico
Medidas sostibles nos aloxamentos turísticos
Eficiencia económica y valor de marca
Normativa

SESIÓN 6: A  Xestión da  Restauración en  aloxamentos
Un novo paradigma na restauración en aloxamentos
Tendencias e diagnóstico
Diseño da oferta gastronómica
Rentabilidade económica. Análise de costes

 MÓDULO IV: MARKETING DIXITAL PARA ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

SESIÓN 7:  Comercialización en liña do aloxamento
Ecosistema dixital e ferramentas para a comercialización
Definición dun proceso de venta
A conversa dixital e relacións cos clientes
Xeración de posibles clientes e estratexias
Actividade práctica: implementación dunha web cun sistema de xestión de contactos

SESIÓN 8: Comunicación e  redes sociais para aloxametos turísticos

Que  RRSS utilizo en función dos meus obxectivos, recursos (tempo e diñeiro) e alcance.
Aprender a crear contidos para  RRSS e coñecer que  apps poden axudar no teu aloxamento
Desenvolver un plan de difusión e estratexias en  RRSS.

MÓDULO V: XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN DE RECURSOS EN ALOXAMENTOS

SESIÓN 9: Xestión, Análise e control presupuestario do aloxamento  I
Orzamentos e control presupuestario
Análise da conta de resultados
Ratios e outros instrumentos básicos de análise I

SESIÓN 10: Xestión, Análise e control presupuestario do aloxamento II

Ratios e outros instrumentos básicos de análise II
O punto morto
O control de custos



CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá superar os 5 módulos de formación de acordo aos criterios que establezan os profesores do módulo.
Deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións.


TITULO:

O alumnado que supere o curso recibirá un diploma acreditativo expedido por a USC e o CSHG recoñecido con 5 créditos.



PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto para o alumnado que cumpra cos requisitos esixidos.

Turismo de Galicia financia o custo da formación e o seguro obrigatorio do alumno.


ADMISIÓN E MATRÍCULA: 

Poderá solicitar a admisión ao curso na secretaría virtual da USC: ADMISIÓN CURSO .

Deberá seleccionar  unha vez acceda "Cursos de Formación específica e a Demanda", picar en  "Solicitar praza 20/21",   e elexir o "Curso en Xestión de Empresas de Aloxamento"

Pode consultar o Manual de matrícula de Cursos propios da USC si ten algunha dúbida:  MANUAL MATRÍCULA

 

O proceso de admisión inclúe unha entrevista persoal telefónica.

 

INFORMACIÓN:

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba