07 feb 2023

WEBINAR "TRANSFORMACIÓN DA EMPRESA TRADICIONAL Á EMPRESA ÁXIL E ADAPTABLE AOS CAMBIOS"

Pechado

WEBINAR "TRANSFORMACIÓN DA EMPRESA TRADICIONAL Á EMPRESA ÁXIL E ADAPTABLE AOS CAMBIOS"

Aprende como adaptar a oferta ás necesidades dos clientes: A AXILIDADE DAS EMPRESAS TURÍSTICAS

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Esta formación é recomendable para calquera profesional interesado en mellorar a capacidade de executar proxectos e ideas. Nun mercado global caracterizado polo seu ritmo de cambio exponencial é necesario coñecer novas formas de traballar que nos permitan deseñar, planificar e executar ideas con máis rapidez e así adaptarse ás necesidades cambiantes dos clientes.

OBXETIVOS

● Adaptar a oferta con máis rapidez ás necesidades dos clientes
● Ser capaz de executar ideas e proxectos en tempo e forma
● Controlar mellor a utilización de recursos
● Mellorar a produtividade persoal e da empresa
● Aumentar a motivación.


DATA:  Martes, 7 de febreiro  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 50

RELATOR: Tirso Maldonado

Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps

DESTINATARIOS

Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen mellorar a capacidade de executar proxectos e ideas.
 

INSCRICIÓN

Inscripción no webinar: Pique aquí

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba