15 feb 2013

XORNADA TÉCNICA - O VALOR REAL DA OPINIÓN DO CLIENTE: O único número a facer crecer

 XORNADA TÉCNICA: 

“O VALOR REAL DA OPINIÓN DO CLIENTE: O único número a facer crecer”

SEDE: Sala de Xuntas de Turgalicia

MATRÍCULA: Gratuíta

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 28 de febreiro de 2013.

DATAS6 de marzo

HORARIOS: De 08:30 a 14:00 horas

DESTINATARIOS: 

Empresas do sector turístico. Darase preferencia ás empresas, do sector turístico de Galicia, que estean certificadas coa Q de Calidade Turística.

Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 20

PRESENTACIÓN: 

Nun mundo globalizado e tan competitivo como o actual, a diferenciación é un elemento crave para o turismo e, en especial, para as empresas turísticas.
Esta diferenciación está relacionada co cliente e a experiencia que este consiga ao escoller o noso establecemento e o que lle fagamos sentir durante a súa estancia.
Coñecer que opinan de nós os nosos clientes e poder enfocar o noso negocio a cubrir as súas necesidades e algo máis vólvese, neste momento, necesario e imprescindible si queremos ter éxito.

OBXECTIVOS 

Analizaranse os sistemas que se utilizan actualmente para obter o feedback dos clientes e coñecerase o Sistema Net Promoter Score(NPS) de maneira que podamos valorar o que nos aporta a súa filosofía, o seu enfoque e a súa xestión ao noso negocio; sabendo que é utilizado polas mellores empresas do mundo. 

Así como coñecer de forma real non só o que din os nosos clientes senón, que posición ocupamos no mercado, e o fácil e sinxelo que é xestionar esta información con Opinat

Retos e oportunidades que xorden na conxuntura actual para o Turismo, desde a convicción de que o equilibrio é un elemento crave para manterse e superarse no contexto actual.

Programa

 8:30h. Rexistro de asistentes

9:00h. Benvenida e presentacións

Representante de Turgalicia

Dª. Rocío Alcobre, CEO en SIresponsable - Directora e Consultora Zona Norte Opinat 

9:15h. O poder dun só número: Sistema NPS 

D. José María Raventós Cardús, Managing Director de Opinat

10:00h. Coloquio

10:15h. A experiencia do cliente e a súa importancia no sector turístico

Dª. Rocío Alcobre

10:45h. Coloquio

11:00h. Pausa/Café

11:30h. Navegando pola Ferramenta Opinat: a xestión dos detractores ao seu alcance

D. José María Raventós Cardús

Dª. Rocío Alcobre

12:30h. Coloquio

12:45h. O equilibrio e desequilibrio no sector turístico na economía actual: Teoría do Balancín

D. Fabio Galego Reinoso, Socio Director de Global Network Strategies, Estratega, Consultor e Escritor

13:45h. Coloquio

14:00h. Fin da Xornada

Arriba