15 out 2015

Turismo Accesible e atención a clientes con discapacidades e outras necesidades diversas

Pechado

Curso de 12 horas para mellorar a atención ofrecida ás persoas con discapacidade nos establecementos e destinos turísticos, así como ofrecer ferramentas para auto-diagnosticar a accesibilidade dos establecementos turísticos, xestionar o seu mantemento e por en marcha actuacións de mellora.

Programa

DESTINATARIOS

  •  Estudantes das titulacións de turismo u outras carreiras relacionadas, de distintos cursos.
  •  Profesionais do sector turístico das administracións públicas locais e/ou as empresas turísticas locais.

LUGAR
Escola Universitaria de Turismo-CENP
Aula 11, 1ª planta
Avda. da Habana, 6-7
15011 A Coruña
Tlf.: 981 16 02 76
galicia@cenp.com
PROGRAMA
Martes, 3 de novembro de 2015
14:30 - 14:45 Entrega de documentación
14:45 - 15:00 Inauguración
15:00 - 15:45 Que é o turismo accesible?

  • Definición conceptual
  • Principios do Turismo Accesible e Vantaxes
  • Mercado potencial do Turismo Accesible

15:45 - 16:30 Impacto dos hábitos turísticos das persoas con discapacidade no sector turístico

  • Hábitos turísticos das persoas con discapacidade
  • Razóns para escoller ou non un establecemento da oferta turística.

16:30 - 17:00 Pausa café
17:00 - 18:30 Atención ao cliente con discapacidade e con necesidades diversas

  • Explicación e diferenciación de termos conceptuais
  • Tipoloxía de discapacidades
  • As consecuencias das grandes discapacidades no desenvolvemento da actividade turística das persoas afectadas; principais necesidades dos turistas.
  • Pautas de atención ao cliente con necesidades especiais.

18:30 - 19:30 A experiencia dos turistas con discapacidade

  • Representantes locais do movemento asociativo de persoas con discapacidade e/ou persoas maiores

19:30 – 21:00 Actividade práctica: ponte no meu lugar


Mércores, 4 de novembro de 2015
15:00 – 16:30 Mesa redonda: Boas prácticas de Turismo Accesible en España
16:30 – 17:00 Lexislación básica de Accesibilidade e Turismo Accesible de obrigado cumprimento

  • Comparativa da Lexislación a nivel Europeo, Estatal e Autonómico.

17:00 – 17:30 Pausa café
17:30 – 19:00 Como mellorar a accesibilidade dos recursos turísticos?

  • Requisitos básicos de accesibilidade que deben reunir os recursos turísticos.
  • Aspectos claves a ter en conta segundo a tipoloxía dos establecementos: oficinas de turismo, aloxamentos, restaurantes, museos, espazos naturais, praias, espazos de congresos.

19:00 -19:30 Como organizar actividades turísticas accesibles?

  • Como organizar unha visita guiada adaptada?
  • Como facer unha obra de teatro accesible?
  • Exemplos de boas prácticas

19:30 – 21:00 Actividade práctica: Como facer un auto-diagnóstico de accesibilidade e ofrecer a información ao cliente de forma correcta
INSCRICIÓNS
http://www.predif.org/index.php?q=cursos-real-patronato-de-discapacidad

Arriba