12 abr 2021

CURSO DE XESTIÓN DE EMPRESAS DE RESTAURACIÓN

Pechado

 

Prazo de Admisión: do 22 ao 12 de marzo

Prazo de Matricula. 16 a 26 de marzo


Programa

 

Este curso forma parte do Plan de formación do sector turístico, no que a  Xunta de Galicia, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) se alía coa  Universidade de Santiago (USC)  para avanzar na profesionalización  e a mellora da competitividade deste tipo de negocios no Xacobeo 2021 22.


MODALIDADE: Semipresencial

Total 50 horas. (5 créditos)
40 horas presenciais,  10 horas non presenciais.

DATA: Do 12 de abril ao 12 de maio de 2021

HORARIO: Xornadas presenciais: 10.00-14:00 e de 15.30 a 19:30 os luns 12, 19, 26 de abril; 3 e 10 de maio

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)
Estrada Santiago –Noia km. 1 A Barcia  15896 Santiago de Compostela

Nº PRAZAS: 20

DESTINATARIOS:
Propietarias/os ou xerentes de restaurantes e outras empresas de restauración de Galicia.

REQUISITOS MÍNIMOS:
-Experiencia profesional de mínimo 1 ano en postos de responsabilidade na  xestión de empresas de restauración.
-Estar na actualidade desempeñando ese posto nun restaurante de Galicia.
-Coñecementos básicos no manexo do ordenador, así como un coñecemento básico do sistema operativo Windows. (Para o módulo 4 requírense coñecementos básicos de MS Excel)


OBXETIVO:
O obxectivo do curso é proporcionar ferramentas prácticas de xestión para dirixir un establecemento de restauración coa finalidade de incrementar a calidade dos servizos prestados a turistas e cidadáns. Ademais, mellorará as destrezas dos profesionais á hora de acadar unha maior rendibilidade dos seus negocios, optimizando os recursos materiais e humanos de cada establecemento.

CONTIDOS:

Módulo 1: Análise de carta e  menús. Xestión de alimentos e bebidas (10 h)
 -Definición de Carta e Menú
- Condicionantes para e elaboración dunha carta nun restaurante en Galicia e para o deseño dun Menú (O Menú do Peregrino).
- Realización de escandallos dos produtos
- Realización de fichas técnica dunha receita
- Análise dos pratos que se venden nunha carta (equilibrio económico, pratos fixos e recomendacións..)
- Fixación de prezos

Módulo 2: Dirección de recursos humanos nunha empresa de restauración (10 h)
- Influenza directa e indirecta do cadro de persoal  no resultado do restaurante: índices de satisfacción e relación.
- Diferentes tipos de produción e servizo.
- Organización de cadros de persoal.
- Xestión de equipos

Módulo 3 : Novos modelos de negocio en restauración (10 h)
- Atributos dos  produtos de restauración
-Identificando novas necesidades: a matriz segmentos por servizos
- Creatividade e innovación nos negocios de restauración
- O plan de marketing online para os produtos de restauración
- Actividade práctica: O menú pícnic do peregrino

Módulo 4: Ferramentas TIC para a xestión do restaurante  (10 h)
- Deseñar e dar formato as follas de Excel
- Traballo con fórmulas e funcións aplicadas ao restaurante
- Creación de gráficos e outras ferramentas para a xestión do restaurante
- Actividade práctica: realización dun Menú engineering aplicado o meu restaurante

Módulo 5: Xestión e administración de recursos en restauración (10 h)
- O orzamento na empresas de restauración. Concepto de orzamento e proceso do control orzamentario
- A conta de explotación. Concepto e instrumentos de xestión do resultado do negocio da restauración
- O control dos custos. Tipos de custos e sistemas de imputación dos custos para facer o negocio rendible
- Como calcular o punto morto nunha empresa de restauración. Definición e análise


CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá superar os 5 módulos de formación de acordo aos criterios que establezan os profesores do módulo.
Deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións.


TITULO:

O alumnado que supere o curso recibirá un diploma acreditativo expedido por a USC e o CSHG recoñecido con 5 créditos.


CRONOGRAMA XORNADAS PRESENCIAIS:

12 abril - luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas)
Análise de carta e  menús. Xestión de alimentos e bebidas
Profesor: Roberto Walther Schnellbach
 
19 abril - luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas)
Dirección de recursos humanos nunha empresa de restauración
Profesores: Andrés Rumbo, Ángel Benavente

26 de abril-  luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas))
Novos modelos de negocio en restauración
Profesores: Andrés Nieto, Antonio Vázquez
 
3 de maio- luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas)
Ferramentas TIC para a xestión do restaurante
Profesor: Julio Santos Gestoso
 
10 de maio- luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas)
Xestión e administración de recursos en restauración
Profesor: José Luis Sieira López

XORNADAS NON PRESENCIAIS:
Realizaránse a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto para o alumnado que cumpra cos requisitos esixidos.

Turismo de Galicia financia o custo da formación e o seguro obrigatorio do alumno.


ADMISIÓN E MATRÍCULA: 

Poderá solicitar a admisión ao curso na secretaría virtual da USC: ADMISIÓN CURSO .

Deberá seleccionar  unha vez acceda "Cursos de Formación específica e a Demanda", picar en  "Solicitar praza 20/21",   e elexir o "Curso en Xestión de Empresas de Restauración"

Pode consultar o Manual de matrícula de Cursos propios da USC si ten algunha dúbida:  MANUAL MATRÍCULA

O proceso de admisión inclúe unha entrevista persoal telefónica.

 

INFORMACIÓN:

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba