07 mai 2020

CERTIFICACIÓN EN IDIOMAS TRINITY COLLEGE

Pechado

CERTIFICACIÓN EN IDIOMAS  TRINITY COLLEGE
Exames Graduados de Inglés Oral (GESE – Grade Examination in Spoken English)

 

 

Programa

 

A chegada masiva de turistas internacionais nos últimos anos incrementou a necesidade de alcanzar unha comunicación global que vaia dende a interación entre profesionais a nivel mundial ata a atención ao cliente dos negocios turísticos. A lingua inglesa é base de todo negocio turístico sendo a língua de referencia internacional. Un uso axeitado e profesional deste idioma aumenta as oportunidades de negocio, emprego e estudo.

A Consellería de Cultura e Turismo pon a disposición dos profesionais do sector turístico galego, 100 prazas de Certificacións en lingua inglesa a través do persoal especializado do TRINITY COLLEGE para niveis B1 e B2 do MCERL.  Os  exames denomínanse GESE e son avaliacións orais cara a cara das habilidades de expresión e comprensión oral.


DATAS:
Inscrición para as probas ata o 31 de maio de 2020 Orientación “ OnLine” sobre o desenvolvemento do exame Xuño do 2020 (data a determinar) Os exames serán en outubro 2020 (data a determinar)

MODALIDE:
Exame presencial
Lugar: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Estrada Santiago-Noia Km1 A Barcia – 15896 Santiago de Compostela (www.cshg.gal)

Nº PRAZAS: 100
Repartidas nos diferentes niveis de certificacións GESE – 5, 6, 7, 8, 9 ou MCER B1.1 – B2.3

NIVEL MÍNIMO DE INGLÉS:  Nivel de Inglés entre B1 e B2

DESTINATARIOS:
Profesionais do sector turístico galego

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou ter traballado ata o 14 de marzo nunha empresa do sector turístico de Galicia ou actividades independientes relacionadas co sector que traballen de cara aos turistas, ou cumprir ese requisito polo menos tres meses nos últimos 12 meses.

Reserva de 20% das prazas para os que perdesen o posto de traballo ou estean en situación de  ERTE pola crise do  COVID-19.

PREZO:
Exames subencionados ao 70% pola Consellería de Cultura e Turismo, o resto será abonado pola persoa admitida.(ver tarifas oficiais táboa adxunta)

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba