02 xuñ 2020

CURSO "DESEÑO DA ESTRATEXIA DE POSICIONAMENTO ORGÁNICO EN BUSCADORES PARA O SECTOR TURÍSTICO"

Pechado

 

 CURSO "DESEÑO DA ESTRATEXIA DE POSICIONAMENTO ORGÁNICO EN BUSCADORES PARA O SECTOR TURÍSTICO"

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación e o márketing en liña.

Neste curso, que se impartirá en 2 sesións  Webinar,  aprenderás a implementar un conxunto de estratexias e técnicas para mellorar a visibilidade da túa páxina web e así facilitar que os teus clientes atópenche ocupando os primeiros postos dos resultados das procuras ( SERPs)

Obxectivos:
-Coñecer as bases estratéxicas de SEO.
-Identificar as palabras chave ou termos de procura adecuados.
-Deseñar a estrutura web e a experiencia de usuario ( CX).
-Publicar contido que axude no posicionamento.
-Deseñar a estratexia de ligazóns entrantes ( link  building).


DATA: 2 e 4 de xuño ás 11:00 horas

Nº PRAZAS: 200

RELATOR: Tirso Maldonado

Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.


DESTINATARIOS:
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hosteleiras, propietarios, pemes, profesores e consultores en turismo e hostelería .Outros profesionais do sector turístico.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación nos  webinar interactivos e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:

Máis información:  formacioncontinua@cshg.es

 

 

 

Arriba