17 out 2022

CURSO COMO DESEÑAR O PLAN DE SUSTENTABILIDADE NA MIÑA EMPRESA: DESEÑO DE GUÍA E PLAN DE ACCIÓN

Pechado

CURSO COMO DESEÑAR O PLAN DE SUSTENTABILIDADE NA MIÑA EMPRESA: DESEÑO DE GUÍA E PLAN DE ACCIÓN

 Para solicitar praza: PIQUE AQUÍ 

 

Programa

 

 O Plan de formación Turismo de Galicia 2022 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego e a sua competitividade e autenticidade. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a implementación de prácticas sustentables nas empresas, pois Galicia debe apostar por un modelo turístico que contribúa ao desenvolvemento do destino e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible Axenda 2030.

METODOLOXÍA
Curso Online de 15 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 5 sesións nas que os alumnos deberán asistir ao 80% das mesmas.

Ademáis do contido formativo, o programa compleméntase coa elaboración  do Plan de sustentabilidade da empresa e a folla de ruta para ser unha empresa responsable.
 
O programa aportará aos participantes manuais e sesións en directo, centro de asistencia telefónica e un sistema de mensaxería colaborativa para favorecer o networking entre as empresas turísticas galegas


OBXECTIVO

O obxectivo deste curso práctico para ás empresas galegas é entender que a sustentabilidade é un factor estratéxico de éxito para Galicia e desenvolver un plan de transformación cara á empresa sustentable e responsable en consoancia cun destino sostible.


CONTIDOS

 

 

Sesión 1: Estratexia (3 horas)
Sinerxia empresarial
Evolución do traballo colaborativo
Metodoloxía Ecosistema Circular
Ferramentas colaborativas
Presentación da guía (exercicios a realizar)

Sesión 2: Folla de ruta e accións sustentables (3 horas)

Definición das accións por área
Aliñación cos ODS na empresa
Principios da economía circular
As claves do negocio do turismo sustentable
Modelos de negocio
Exemplos prácticos

Sesión 3: Transición cara á empresa sustentable (3 horas)
Como transformar a túa empresa nun negocio responsable
Tendencias globais e obxectivos
Oportunidades de negocio e estratexias globais
Comunicación efectiva do turismo sustentable e responsable
Integración da sustentabilidade
Adaptación da comunicación aos tipos de produto
Certificacións asociadas

Sesión 4: Sesión de networking (3 horas)
Definición do propósito de empresa
Técnicas para a captación de clientes
Presentacións individuais

Sesión 5 : Plan de acción e execución (3 horas)
Definición de obxectivos e prioridades
Metodoloxía para executar o proxecto
Presentación dos plans de sustentabilidade
 

DATAS
Do 17 de Outubro ao 31 de outubro de 2022
Obradoiros a través de Aula Virtual os días: 17, 19,  24, 26 e 31 de outubro


HORARIO

17, 19,  24, 26 e 31 de outubro 10 a 13 horas

Nº PRAZAS: 200

FORMADORES
Jimmy Pons – Sustentabilidade e Innovación
Joantxo Llantada – Marketing e Comercialización
Tirso Maldonado – Estratexia e sinerxia
Silvia Suárez – Soporte e Dinamización

DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen definir ou revisar o Plan de sustentabilidade para o seu departamento ou empresa.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación  de 15 horas de formación, as persoas que participen no 80% das sesións e presenten o traballo de fin da formación.

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación nos webinars interactivos e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.

 

INSCRICIÓN

 Para solicitar praza: PIQUE AQUÍ 

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba