19 set 2025

CICLO DE WEBINARS: NOVIDADES IA, TENDENCIAS E FERRAMENTAS QUE MARCAN O FUTURO DA XESTIÓN TURÍSTICA

Pechado

CICLO DE WEBINARS: NOVIDADES IA, TENDENCIAS E FERRAMENTAS QUE MARCAN O FUTURO DA XESTIÓN TURÍSTICA
Inscricións: FAI CLIC AQUI

 

Programa

Os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025 contemplan facilitarlle e acercar ás empresas do sector ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación está a transformación dixital, a innovación e a mellora das competencias dixitais como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Este ciclo de Webinars para empresas turísticas en Galicia ofrece ás compañías do sector unha posta ao día imprescindible sobre os avances máis recentes en intelixencia artificial e as competencias dixitais en xeral. Ao longo de 5 sesións, as persoas participantes descubrirán novas funcionalidades, ferramentas emerxentes e casos de aplicación práctica.

O programa, promovido por Turismo de Galicia, combina tendencias globais con aplicacións directas ao negocio turístico, converténdose na mellor guía para non quedarse atrás na era da IA.

OBXECTIVOS

- Coñecer as últimas novidades e actualizacións en intelixencia artificial aplicadas ao turismo.

- Aprender a transformar datos en coñecemento estratéxico.

- Deseñar arquitecturas dixitais adaptadas aos novos buscadores intelixentes.

- Explorar estratexias híbridas con ChatGPT, Copilot e Gemini.

- Inspirarse con casos prácticos de aplicación.

MODALIDADE

Formación en liña a través de webinars en directo. Cada sesión terá unha duración de 2 horas.

Os participantes poderán consultar o material en diferido unha vez rematada cada sesión. Así mesmo os participantes nos webinars poderán solicitar acceso ao material formativo xa publicado sobre competencias dixitais (Curso 150h: “O poder da IA para transformar o turismo en Galicia”)

Nº PRAZAS: 100

RELATOR:

Tirso Maldonado: Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Roundcubers. Formador especializado no desenvolvemento de solucións IT, transformación dixital, axilismo empresarial e Intelixencia Artificial.

 

CALENDARIO DE SESIÓNS DOS WEBINARS (*)

  • Webinar 1 – 19 de setembro (11:30-13:30) :O último en IA: ChatGPT-5, axentes autónomos e modelos open source
  • Webinar 2 – 26 de setembro (11:30-13:30): Dos datos ao coñecemento: xestión intelixente con IA
  • Webinar 3 – 14 de outubro (11:30-13:30): Arquitectura dixital para posicionarse na era da IA
  • Webinar 4 – 21 de outubro (11:30-13:30): Estratexias híbridas: combinando modelos de ChatGPT, Copilot e Gemini
  • Webinar 5 – 11 de novembro (11:30-13:00): Casos prácticos aplicados en turismo: de márketing a dirección

(*)O programa ou temática do ciclo de webinars pode sufrir variacións debido a propia temática da acción formativa centrada en informar das novidades, actualizacións e cambios nos modelos actuais das ferramentas dixitais.

DESTINATARIOS

Profesionais, empresas e responsables do sector turístico Galego interesados en actualizar as súas competencias dixitais e coñecer de primeira man as novidades en aplicacións da intelixencia artificial en turismo.

INSCRICIÓN:

Fai a túa inscrición: FAI CLIC AQUI

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

 

Arriba