01 set 2025

VIDEOCURSO: "O PODER DA IA PARA TRANSFORMAR O TURISMO EN GALICIA" (150h)

07 abril 2026

VIDEOCURSO: "O PODER DA IA PARA TRANSFORMAR O TURISMO EN GALICIA" (150h)

Inscricións: FAI CLIC AQUI

Programa

No marco do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúense unha serie de cursos especializados en competencias dixitais, deseñados para fortalecer a capacidade dos empregados do sector turístico galego en activo. Este PLAN DE COMPETENCIAS DIXITAIS inclúen accións formativas, financiadas polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos NextGeneration-UE, e buscan impulsar a transformación dixital e innovación como elementos crave para mellorar a xestión, a competitividade e a sustentabilidade das empresas turísticas de Galicia.

A formación responde á crecente necesidade de adaptarse a un mercado turístico en constante evolución, onde as tecnoloxías dixitais, como a intelixencia artificial, a eficiencia na xestión e as ferramentas colaborativas, están a redefinir os modelos de negocio e os hábitos de consumo.

Programa:

O programa non só se céntra na adquisición de habilidades técnicas, senón que tamén aborda aspectos cruciais como a seguridade, a ética na IA e a sustentabilidade, preparando aos participantes para liderar proxectos de IA cunha visión holística e responsable. Ademais, o enfoque práctico en cada sesión permite que os participantes adapten o aprendido ás necesidades particulares dos seus negocios turísticos.

Este programa é unha oportunidade única para que as empresas de turismo, desde casas rurais ata hoteis ou axencias de viaxe, #etc, descubran como integrar a IA nas súas operacións diarias. O videocurso e unha acción formativa que se ven de celebrar en formato telepresencial en directo entre os meses de Xaneiro e Marzo de 2005 e que agora tes dispoñible en formato diferido con todos os contidos prácticos dispoñibles. Poderás acceder a todos as sesións gravadas co seu material de apoio e exercicios prácticos para facer todo o contido do curso ao teu ritmo. O curso impulsa a innovación dixital e posiciona aos alumnos á vangarda do sector.

 

Obxectivos: Ao finalizar o videocurso, os participantes non só adquirirán un amplo coñecemento sobre a Intelixencia Artificial e a súa aplicación no sector turístico, senón tamén ferramentas concretas e proxectos persoais que potenciarán a súa capacidade para emprender e mellorar a competitividade dos seus negocios.

Cada participante terá a oportunidade de crear o seu primeiro plan de implantación de IA adaptado á súa empresa turística. Este exercicio práctico servirá non só como unha ferramenta de aprendizaxe sobre como estruturar e desenvolver un proxecto viable, senón tamén como un paso inicial real cara á modernización e o emprendemento no sector.

En resumo, os participantes levarán un conxunto de habilidades e ferramentas prácticas, xunto cun plan de implantación de IA concreto, que lles abrirá portas tanto no ámbito laboral como no emprendemento. Con estes recursos, estarán ben equipados para enfrontar e liderar a transformación dixital no sector turístico, marcando unha diferenza significativa no seu futuro profesional.

Metodoloxía:

O curso foi creado seguindo unha metodoloxía telepresencial a través de 23 sesións interactivas que xa se celebraron entre os meses de Xaneiro e Marzo deste mesmo ano 2025, as sesións combinan clases teóricas con workshops prácticos. Nestes momentos o curso se ofrece en formato Videocurso para ser seguido polos participantes como teleformación en diferido estando dispoñible na plantaforma dixitagalicia as 24h permitindo ao participante acceder aos contidos e completar video curso ao seu ritmo. O Videocurso estará dispoñible ata finalizar o mes abril de 2026.

Contidos:

1.         Introdución á IA

2.         O cliente de nova xeración no turismo con intelixencia artificial

3.         Fundamentos da Enxeñería de Prompts

4.        Técnicas avanzadas de Enxeñería de Prompts

5.         Implementación e casos de uso (I)

6.         Introducción ao deseñoe programación de GPT's

7.         Deseño e desenvolvemento avanzado de GPT persoalizado

8.         Adestramento de modelos de Intelixencia Artificial

9.         Desenvolvemento da base de coñecemento corporativa

10.       A ética, ODS e os sesgos para o desenvolvemento competitivo  da IA na empresa

11.        Introducción a xeración de imaxes con IA

12.       Aplicacións avanzadas para a creación de imaxes e videos con IA

13.       Investigación IA con Perplexity, Google Gemini Deep Research e outras ferramentas

14.       Ecosistema de aplicacións IA en Google

15.       Búsqueda e posicionamento en Chatbots IA conversacionais

16.       Creación de Chatbots con IA para a Web

17.        Analise de datos e automatización con make.com

18.       Propiedade Intelectual e seguridade da información

19.       Cumprimento de normativas de RGPD e privacidade de datos

20.       Implementación e casos de uso (II)

21.       Casos de éxito da IA no turismo

22.       Implementación da estratexia IA na peme turística

23.       Presentación de proxectos

Formadores:

  • Tirso Maldonado: Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Roundcubers, especializado no desenvolvemento de solucións IT, transformación dixital, axilismo empresarial e Intelixencia Artificial.
  • Joantxo Llantada: Asesor estratéxico e formador con 25 anos de experiencia en márketing, tecnoloxías da información, transformación dixital e novos modelos de negocio no sector turístico.
  • Lasse Rouhiainen: Escritor, consultor e experto en IA, tecnoloxías disruptivas e márketing dixital. Licenciado en Comercio Intl. e Marketing pola Univ. finlandesa Haaga-Helia, conta con estudos sobre blockchain na Univ. de Oxford.
  • Juan Carlos Fernández Martínez: Avogado e CEO de Tecnogados. Especializado en dereito e novas tecnoloxías, protección de datos, seguridade da información e privacidade.
  • Jimmy Pons: Experto en innovación turística, mindfulness executivo e IA aplicada ao turismo. Desenvolvendo proxectos de innovación dende o humano, o sostible e o tecnolóxicamente avanzado.

 

Destinatarios: Empregados do sector turístico en activo.

 

Requisitos:

•          Estar en activo (empregado/autónomo) ou fixo descontinuo dentro do sector turístico (axencias de viaxe, restaurantes, hoteis, empresas de lecer, etc.).

•          Válido para traballadores con contrato en prácticas.

 

Prezo: Gratuíto. Financiado por Turismo de Galicia.

 

Certificado: Os alumnos que completen o curso e superen o test final obterán un certificado expedido por Turismo de Galicia por 150 horas.

 

Inscrición: Acceso ao formulario de inscrición na seguinte ligazón: FAI CLIC AQUI

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba