28 nov 2017

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE TURÍSTICA SUSTENTABLE E AMBIENTAL NA RESERVA DA BIOSFERA GÊRES-XURÉS

Pechado

CURSO PECHADO

Acción formativa de desenvolvemento da actividade turística sostible e ambiental na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés cunha duración de 12 horas dirixida a profesionais e técnicos de administracións e do ámbito da Reserva da Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés (RBTGX), profesionais de empresas e emprendedores turísticos locais, persoas de oficinas de información turística autonómica, local da zona e de ámbito empresarial, outras empresas relacionadas coa actividade da RBTGX e persoal docente do ámbito educativo da zona da Reserva.

Proxecto 0220_GERÊS_XURÉS_DINAMICO

DESTINATARIOS

  • Profesionais e técnicos de administracións e do ámbito da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (turismo, medio-ambiente, GAL, …)
  •  Profesionais de empresas e emprendedores turísticos locais no ámbito da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés
  • Persoas de oficinas de información turística autonómica, local da zona e de ámbito empresarial
  • Outras empresas relacionadas coa actividade da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés
  • Persoal docente do ámbito educativo da zona da Reserva

DATAS
28 e 29 de novembro de 2017 (martes e mércores)

LUGAR
Centro de Visitantes Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Estrada de Portugal, 34
32870 Lobios

IMPARTE
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). USC.

 

Programa

 

Martes. 28 de novembro

10:00 - 11:00 horas    Definicións de turismo de natureza e de ecoturismo
11:00 - 12:00 horas    Actores implicados no desenvolvemento turístico dos espazos naturais protexidos
12:00 - 12:15 horas    Pausa
12:15 - 13:00 horas    Clasificación da actividade turística (recreativa e deportiva) en Espazos Protexidos
13:00 - 14:00 horas    Carta Europea de Turismo Sustentable (CETS) en Espazos Protexidos
14:00 - 16:00 horas    Xantar
16:00 – 18:00 horas    Carta Europea de Turismo Sustentable (CETS) en Espazos Protexidos (cont.)


Mércores 29 de novembro


10:00 - 11:00 horas    Áreas protexidas e actividades de uso público: Áreas protexidas: definición, tipoloxía e obxectivos
11:00 - 12:00 horas    Áreas protexidas e actividades de uso público: Uso público e planificación en áreas protexidas
12:00 - 12:15 horas    Pausa
12:15 - 14:00 horas    Áreas protexidas e actividades de uso público: A Reserva da Biosfera Transfronteiriza
14:00 - 16:00 horas    Xantar
16:00 – 18:00 horas    Efectos da actividade turística sobre o medio natural:

  •      Identificación e valoración de impactos
  •     Concepto de capacidade de carga
  •     Adecuación das medidas de xestión do uso público

 Curso cofinanciado  pola U.E. no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza INTERREG V-A (POCTEP).
 

Arriba