02 abr 2020

WEBINAR "COMO COMUNICA UNHA EMPRESA TURÍSTICA NUNHA CRISE"

Pechado

 

"COMO COMUNICA UNHA EMPRESA TURÍSTICA NUNHA CRISE"

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación, o teletraballo e o márketing en liña

Nunha crise como a actual, a empresa necesita forzosamente mudar a súa comunicación. Que, como e onde comunica se está pechada? Hai moitas cousas que se poden facer para manter o contacto cos clientes, proveedores, intermediarios...., para que saiban que se sigue adiante e, así, irse preparando para cando teñamos superada a crise.

Neste webinar, explicaranse diferentes estratexias e a planificación da comunicación para canles como a web, o correo electrónico, as redes sociais ou os medios de comunicación, entre outras.


DATA: Xoves, 2 de abril   ás 11:00 h.

Nº PRAZAS:
150

RELATOR: Óscar Alfeirán Varela

Traballa no departamento de Marketing do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e imparte clases no grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e no Máster de Servizos Culturais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) como profesor asociado en materias que teñen que ver coa comunicación, o marketing e a publicidade. Con anterioridade traballou en xornais, televisións e gabinetes de comunicación. É doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) cun traballo sobre a imaxe turística de Galicia e o uso da marca Galicia por primeira vez na publicidade da institución autonómica.


DESTINATARIOS:
Prioritariamente, propietarios de pemes e traballadores de bares, cafeterías, restaurantes, aloxamentos e outros establecementos hostaleiros. Outros
profesionais do sector turístico.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: `pique aquí
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

Arriba