25 nov 2020

Obradoiro sobre o Mapa de Procesos nas empresas turísticas e hostaleiras

Pechado

Obradoiro sobre o Mapa de Procesos

CURSO COMPLETO

 

 

Programa

Ante as circunstancias provocadas pola situación derivada da COVID 19, que está levando a unha boa parte do sector turístico e hostaleiro a unha situación económica complexa, Turismo de Galicia (a través do CSHG) quere poñer os seus recursos á disposición do sector para colaborar na toma de medidas que permitan ás empresas afrontar a situación en mellores condicións.
 

Unha das medidas a poñer en marcha é un Programa de Reconversión e Adaptación das Empresas Turísticas, a través de diferentes obradoiros, destinados empresarios do sector que están interesados es revisar os seus modelos de negocio co fin de buscar solucións para afrontala crise.

DESTINATARIOS

Destinado a empresas do sector turístico e hostaleiro e empresas tecnolóxicas e de servizos que presten apoio ás mesmas e que desexen redefinir a súa situación de cara a afrontar a crise orixinada pola COVID.


Os participantes nos obradoiros deberán ser persoas con responsabilidade na toma de decisión dentro da empresa.

OBXETIVOS ESPECÍFICOS
-Visualización do modelo de negocio: dotar ás empresas dunha ferramenta de visualización e comunicación do modelo de negocio da súa organización.
-Orientación ao cliente: axudar ao empresario para orientar a súa empresa cara ás necesidades do cliente, cara a creación dun encaixe da proposta de valor, que minimice os riscos de mercado.
-Reflexión e análise: facer reflexionar ao empresario sobre as claves do seu propio negocio e, ao mesmo tempo, analizar a viabilidade do mesmo.
-Coñecemento de ferramentas estratéxicas: entregar aos empresarios unha ferramenta metodolóxica que lles permita atopar novos xeitos de crear e capturar valor para a empresa, xa sexa mediante liñas de negocios existentes ou novas. Diminuíndo erros estratéxicos e custos durante o proceso.
-Flexibilidade e adaptación: facer entender ao empresario a importancia de actualizar a súa proposta de valor e/ou procesos para adaptarse ás circunstancias do mercado.

CONTIDOS

Análise de cada área do negocio ou departamento para coñecer os procesos e procedementos da empresa. Analizaranse os distintos aspectos para identificar e valorar a xestión, ferramentas e capacidades da empresa en cada unha das nove actividades da cadea de valor:


Actividades primarias:
    1.    Loxística interna: Actividades asociadas con operacións de recepción, almacenamento e distribución das materias primas, aprovisionamentos ou inputs.
    2.    Operacións: Actividades asociadas ao procesamento das materias primas ou inputs para transformalos no produto ou servizo final.
    3.    Loxística externa: Almacenamento dos produtos terminados e distribución do produto ao cliente.
    4.    Marketing e Vendas: Actividades coas cales se da a coñecer o produto/servizo, así como o proceso de venda.
    5.    Servizo: Servizo post-venda ou mantemento, agrupa as actividades destinadas a manter e realzar o valor do produto/servizo despois da venda.
 

Actividades de soporte:
    1.    Infraestrutura da organización: actividades que prestan apoio a toda a empresa, como a dirección xeral, planificación estratéxica, contabilidade e finanzas, asesoramento legal, xestión da calidade, responsabilidade social corporativa, etc.
    2.    Dirección de Recursos Humanos: actividades involucradas na selección, formación, desenvolvemento e compensación de todo o persoal da empresa.
    3.    Desenvolvemento de Tecnoloxía: aplicacións tecnolóxicas, tecnoloxía da información, procedementos e equipamentos.
    4.    Abastecemento: procesos de compra de inputs, materias primas, maquinaria e tecnoloxía.


METODOLOXÍA
Os obradoiros de Mapa de procesos realizaranse en 2 sesións de 4 horas cada unha de forma telepresencial en grupos reducidos
 
O obradoiro desenvolveranse cunha breve presentación das sesión e o  desenvolvemento práctico do contido.

CERTIFICADO

Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia

PREZO DO CURSO


O curso é gratuíto. Inclúe as 2 sesións de formación e material formativo documental

 

INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arriba