22 nov 2022

CURSO PRÁCTICO "A ESTÉTICA COMO FERRAMENTA DE VENDA NO HOTEL"

Pechado

CURSO PRÁCTICO "A ESTÉTICA COMO FERRAMENTA DE VENDA NO HOTEL"

Para inscribirse no curso: PIQUE AQUÍ

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19 e a crise enerxética.

Por ese motivo se pon en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 cursos prácticos independentes de 3 horas de duración , as empresas poderán adquirir coñecementos e traballar con casos prácticos en materia de sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, e quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse  ás demandas dos clientes do presente e do futuro.

Neste sexto curso práctico de A Estética como ferramenta de venda do Hotel, farase unha introducción ás tendencias estéticas, ademais de falar dos materiais máis rendibles para as instalacións hostaleiras, tanto sexa para nova obra como para rehabilitacións.
Buscarase, á súa vez, reforzar o concepto da diferenciación e procura da identidade propia do hotel, a través da creación de experiencias:
 

  • Tendencias estéticas
  • Materiais rendibles
  • Segundas vidas e terceiras para os nosos hoteis

 

DATA: Martes, 22 de novembro de 10 a 13 h.

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). A Barcia s/n.  Santiago de Compostela 


 

Nº PRAZAS: 20


RELATORA: LOLI MOROÑO · CEO e Directora Creativa de PF1 Interiorismo Contract
Conta con máis de 20 anos de experiencia como interiorista especializada no sector Hospitality. Cursou os seus estudos como interiorista en EASD Pablo Picasso, onde lle outorgaron o Premio extraordinario " Fin de Carrera" na súa especialidade e o CAP na Universidade dá Coruña. Continúa reforzando a súa formación en diferentes disciplinas relacionadas co mundo da artesanía e a arte, sempre combinándoo coa súa traxectoria profesional como formadora e comunicadora.
Tras anos traballando en distintas empresas especializadas no sector hospitality, funda no 2011 conxuntamente coa súa socia Martina Casas o despacho PF1 Interiorismo Contract. Estudo especializado en interiorismo e prescrición estratéxica Hostaleira. Tanto para hostaleiros independentes como para cadeas, desempeñana a súa labor en España, Portugal e con pinceladas internacionais. Tamén sinalar a súa faceta como editora de produto, creando a súa propia marca Sebastian Suite e realizando diferentes pezas para marcas de gran prestixio dentro do sector.
 
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 



PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no curso práctico e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no curso obterán un Certificado de aproveitamento da formación expedido por Turismo de Galicia

INSCRICIÓN
Para inscribirse no curso: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

 

Arriba