13 abr 2020

WEBINAR "IMPLANTACIÓN DE CRM E EMAIL MARKETING PARA EMPRESAS TURÍSTICAS"

Pechado

 

Implantación de CRM e eMail Marketing para empresas turísticas

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación, o teletraballo e o márketing en liña

Con este webinar poderás inplementar Zoho CRM e Zoho Campaings na túa empresa. Zoho é un software na nube que mellora a xestión das relacións cos teus clientes, aumenta a productividade persoal e de equipo, mellora os procesos e ciclo de vida do cliente, constrúe intelixencia de mercado para a toma de decisións estratéxicas e permite o envío de newsletters.

Obxectivos:
- Coñecer a filosofía CRM e fases na implementación
- Configurar un software e CRM na nube
- Integrar un CRM con un sisitema de email marketing
- Incorporar un sisitema de formularios web e chat na plataforma web


DATA: Luns, 13 de abril  ás 11:00 h.


Nº PRAZAS: 150

RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.


DESTINATARIOS:
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hosteleiras, propietarios, coaches, pemes, profesores e consultores en turismo e hostelería que queiran traballar de forma remota.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

Arriba