29 abr 2020

WEBINAR "GOOGLE ANALYTICS PARA HOTEIS E RESTAURANTES"

Pechado


Google Analytics para hoteis e restaurantes

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación, o teletraballo e o márketing en liña

Con este Webinar de Google Analytics aprenderás a interpretar os principais informes para a toma de decisións

Obxectivos:
-Configurar unha conta, propiedade e vista
- Aprender a programar obxectivos de conversión
- Identificar os informes máis relevantes de Google Analytics
- Saber interpretar os informes para a toma de decisións estratéxicas

DATA: Mércores, 29 de abril  ás 11:00 h.


Nº PRAZAS: 150

RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.


DESTINATARIOS:
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hosteleiras, propietarios, coaches, pemes, profesores e consultores en turismo e hostelería que queiran traballar de forma remota.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario:  pique aquí

Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

Arriba