14 May 2020

WEBINAR "FUNCIONAMENTO, VIABILIDADE E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS TURÍSTICOS NAS DISTINTAS PLATAFORMAS"

Pechado

 

 

Webinar: Funcionamento, viabilidade e comercialización de produtos turísticos nas distintas plataformas


 

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas para guías de turismo e outras profesións turísticas  co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, comunicación e cultural.

Este Webinar está dirixido a empresas de actividades e guías turísticos que queiran vender e promocionarse  online.

Na sesión desenvolverase unha folla de ruta paso a paso ademais de deseñar o  mix de canles adecuadas incluíndo os principais  marketplaces de actividades.

Obxectivos:
● Coñecer as principais tendencias de mercado na venda de actividades.
● Deseñar unha folla de roteiro para a venda  online.
● Deseñar estratexias de  inbound márketing para a xeración de  leads.
● Desenvolver a presenza en  marketplaces e implantar a estratexia  Billboard  Effect.
●  Channel  manager e sistema de métrica.


DATA: Xoves, 14 de maio ás 11:00 h.


Nº PRAZAS: 200

RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.


DESTINATARIOS:
Guías de Turismo e outros profesionais do sector do turismo de Galicia


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario:  PIQUE AQUÍ

Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

 

 

Arriba