24 Nov 2020

WEBINAR " TRANSFORMACIÓN DIXITAL ANTE A POST CRISE COVID19"

Pechado

 

Webinar: Transformación dixital ante a post crise COVID19

 

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.


Este é un Webinar de inmersión á transformación dixital e desenvolvemento de negocio dirixido a profesionais que teñan como obxectivo reducir o time- to- market e incorporar novas metodoloxías, estratexias e ferramentas de alto retorno na organización para responder a momentos difíciles.


OBXETIVOS

Novos modelos de negocio e nivel de esixencia tras a crise covid-19
Definir unha folla de roteiro para a transformación dixital
Sensibilizar aos participantes sobre novas metodoloxías para acelerar o cambio
 Conectar todos as áreas do negocio dixital para mellorar a súa integración e resultados
Informar sobre as principais novidades e tendencias no mercado


DATA: Martes, 24 de novembro  ás 12:30 h.



Nº PRAZAS: 150



RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.




DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Máis información:  formación.turismo@xunta.gal 

Arriba