20 Sep 2021

CURSO ITALIANO TURÍSTICO BÁSICO

Pechado

CURSO ITALIANO TURÍSTICO BÁSICO

 

 

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, coa oferta de formación en diferentes linguas para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitarán Galicia no Xacobeo 21 22.

O curso de Italiano Turístico Básico, permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua italiana ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás, dunha maneira autónoma, como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación, os nomes e outros. Aumentarás os teus coñecementos neste novo idioma para empezar a atender clientes en italiano.


METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A1 introdución


DATAS:

Solicitude de praza: 1 de setembro ao 13 de setembro
Confirmación admitidos: 15 de setembro
Duración do curso: do 20 de setembro  ao 26 de novembro


Nº PRAZAS:
100

FORMADORA: Roberta Becciu
Roberta Becciu será a titora deste curso. É italiana e leva máis que 3 anos ensinando o seu idioma en Galicia. Actualmente é a xefa do Departamento de Italiano na escola Lorca Institute



DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel de italiano para comunicarse con turistas e peregrinos.

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 20 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 
 



 

Arriba