23 May 2022

WEBINAR "COCREACION DE PRODUTOS TURÍSTICOS, EXPERIENCIAIS, INNOVADORES E SOSTIBLES"

Pechado

WEBINAR "COCREACION DE PRODUTOS TURÍSTICOS, EXPERIENCIAIS, INNOVADORES E SOSTIBLES"

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital , a sustentabilidade ou a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Nesta formación, sobre creación de produtos singulares, veremos veremos como definir a estratexia, o márketing e a comercialización, ademais de aplicar a innovación e a sustentabilidade potenciando a colaboración entre empresas, porque traballando xuntas as empresas do sector turístico galego, serán  capaces de multiplicar os resultados.
 

OBXETIVOS

● Definir o ADN de Galicia.
● Crear produtos singulares baseados na innovación e a sustentabilidade.
● Deseñar estratexias de márketing  omnicanal.
● Potenciar o traballo colaborativo e as sinerxias entre empresas


DATA:  Luns, 23 de maio  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 150



 

RELATOR: Tirso Maldonado

Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps

 

DESTINATARIOS

Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen cooperar con otras empresas para a creación de productos turísticos.
 

 

INSCRICIÓN

Para facer a Inscrición: Pique AQUI

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba