Galicia puxo unha serie de aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus como traballadores desprazados que presten servizos esenciais, colectivos de especial vulnerabilidade social, como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero ou cidadáns en tránsito.

A través desta iniciativa a Xunta ofrece unha alternativa aos afectados polo peche de establecementos turísticos adoptado polo Goberno central efectivo desde o día 26 de marzo

Esta listaxe de aloxamento é dinámica polo que pode sufrir cambios que serán debidamente actualizados.
Para comunicar calquera incidencia relacionada con esta listaxe deberase empregar o mail comunicacion.turismo@xunta.gal

Para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986 44 70 60 e o enderezo mice@abramar.com da empresa especializada Viajes Abramar, encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa.
 

Estes establecementos non poderán ser empregados en ningún caso por persoas que decidiran saír dos seus lugares de orixe, tras decretarse o estado de alarma o pasado 14 de marzo, ou por unha razón que non estea amparada polo Real Decreto 463/2020.
 

LIGAZÓNS DE INTERESE

Arriba