Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A natureza, é o noso ben máis prezado e coidala, responsabilidade de todos.
Écociña é un proxecto innovador dirixido á hostalería do Camiño, cuxo principal valor céntrase na mellora da oferta gastronómica, introducindo produtos de proximidade, para conseguir unha oferta diferenciada, diversa e de calidade e a implantación de prácticas sostibles na xestión e explotación dos establecementos hostaleiros.
Galicia ten ao longo dos camiños de Santiago, excelentes produtos agrícolas, gandeiros e pesqueiros. Se os restaurantes os incorporan ás súas cartas conseguirán unha oferta culinaria diferenciada, diversa e de calidade; algo que xa demanda o peregrino, que busca unha experiencia de calidade que vai máis aló dunha degustación gastronómica; busca ademais establecementos que empaticen cunha filosofía de traballo onde a protección social, cultural e ambiental sexa a razón da súa actividade.
É preciso que apostemos pola sostibilidade e a incorporación dos magníficos produtos de Galicia á restauración do Camiño de Santiago.
Co programa ÉCociña realizouse un mapeo da biodiversidade animal e vexetal en cada unha das rutas do Camiño, e un rastrexo de restaurantes do Camiño que xa practican a sostibilidade nos seus negocios.
Seguindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU, deseñouse unha enquisa que analiza a sostibilidade de cada establecemento, identificando as súas boas prácticas e a posible marxe de mellora; para así propoñer accións que axuden a alcanzar os obxectivos do programa.
Écociña é un programa que quere sensibilizar ao conxunto da hostalería, divulgando os exemplos de boas prácticas no Camiño e convidando a outros establecementos a que se inscriban ao programa e adquiran o compromiso da sostibilidade.
Proxectamos as boas prácticas na restauración, de forma que o usuario poida identificar estes casos de éxito e acceda no Camiño a unha oferta comprometida, onde vivir unha experiencia única.
Buscamos axuntar sostibilidade con calidade culinaria.
Xuntos conseguiremos unha hostalería diferenciada e de calidade; xuntos sentaremos as bases dunha hostalería comprometida co medioambiente. Para que os nosos usuarios, cada vez máis esixentes, nos identifiquen e nos elixan como referente.
Establecementos adheridos con hostalería comprometida no Camiño de Santiago
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración