10 xuñ 2013

Turismo levou a oferta turística galega á cidade italiana de Padua dentro dunha promoción con outras comunidades españolas

Turismo de Galicia paparticipou no programa de La Spagna a Padova que incluiu a instalación dun stand no centro da cidade con degustacións gastronómicas e contactos con xornalistas locais e operadores turísticos.

Galicia, en Padua.

Turismo de Galicia presentou a oferta turística galega no norte de Italia a través do evento La Spagna a Padova, unha actividade de promoción turística organizada por Turespaña en colaboración coas comunidades autónomas.

 

Ao longo de cinco días, Turespaña instalou un conxunto de stands no centro da cidade de padua, e dentro deste, Turismo de Galicia contou cun espazo personalizado para ofrecer información sobre o destino ao público xeral.

 

Durante estas xornadas, organizóuse unha presentación á prensa local, así como unha festa de inauguración á que se convidaron autoridades, empresarios turísticos e outros colectivos relacionados co turismo. Nesta presentación, os asistentes puideron degustar produtos gastronómicos galegos.

 
Información turística

Entre as actividades que se desenvolveron no centro de Padua, salientou o labor de información turística que desenvolveu Turismo de Galicia entre o público asistente.

 

Este evento xa tivo lugar este ano nas cidades italianas de Xénova, Bari, Boloña, e Roma; e na francesa de Marsella.

Arriba
Axúdanos a mellorar!