31 xan 2017

O turismo en Galicia bateu récords no 2016 ao rexistrar máis de 10 millóns de pernoitas, das cales preto do 23% foron internacionais

En canto aos viaxeiros aloxados, a nosa comunidade acadou un máximo histórico cun total de 4.935.323, rexistrando un incremento do 7,4% e acadando tamén unha cifra histórica

O mercado internacional acadou por superou por vez primeira os 1,38 millóns de viaxeiros e os 2,06 millóns de pernoitas

En termos de ocupación, a comunidade galega rexistrou melloras en todas as tipoloxías consideradas

O pasado ano 2016 foi un ano de récord para o Turismo en Galicia. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa comunidade recibiu un total de 4.935.323 viaxeiros rexistrando os seus establecementos regrados máis de 10 millóns de pernoitas, cifras que supoñen máximos históricos. Galicia rexistrou, así, no 2016 un incremento do 7,4% na súa cifra de viaxeiros e do 9,2% nas súas pernoitas en relación ao ano 2015.

O turismo internacional da comunidade incrementou nun 10,2% o seu volume de pernoitas e nun 7,8% a súa cifra de viaxeiros. Esta mellora supuxo que o mercado internacional acadase no pasado ano máximos históricos tanto de volume, con preto de 1,38 millóns de viaxeiros e 2,28 millóns de pernoitas, como de peso no conxunto da demanda representando o 27,9% dos viaxeiros e o 22,7% das pernoitas totais.

Pola súa parte, o turismo nacional da nosa comunidade subiu, nun 8,9%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia que incrementáronse nun 7,2% -. Grazas a este incremento o turismo nacional rexistrou na nosa comunidade preto de 3,6 millóns de viaxeiros aloxados, acadando tamén un máximo histórico.

En canto á demanda rexistrada por tipoloxías de establecementos, no 2016 o 82% correspondeu aos establecementos hoteleiros porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis – que representaron ao 65%- como ás pensións -17%-. O 18% restante rexistrouse no segmento extrahoteleiro que corresponde aos cámpings –9,6%-, apartamentos turísticos -4,2%- e establecementos de turismo rural -4,2%-.

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento sendo os apartamentos turísticos a modalidade que rexistrou o crecemento de maior intensidade no pasado ano 2016 ao incrementar nun 46,1% os seus viaxeiros e nun 31,5% as súas pernoitas.

En termos de ocupación, no 2016 Galicia rexistrou tamén melloras en todas as tipoloxías destacando, neste sentido, os cámpings nos que subiu en 3,4 puntos porcentuais. Pola súa parte, nos apartamentos turísticos e no segmento do turismo rural a mellora superou os dous puntos.

Mes de decembro

En canto ao pasado mes de decembro, Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 3,2%, superando 200.000, e do 5,2% das súas pernoitas, contabilizando preto de 375.000.

En termos de mercado, o turismo internacional incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 10,1% e as súas pernoitas nun 9,6%, neste caso, acadando os niveis máis elevados desde o 2007.

Pola súa parte, o turismo nacional subiu nun 4,5% consecuencia do crecemento do experimentado na súa cifra de viaxeiros do 2,0%, rexistrando os niveis máis elevados desde o ano 2010.

No que refírese ás tipoloxías de establecementos, en decembro o 91% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros.

No pasado mes, destacaron os incrementos rexistrados nos apartamentos turísticos, do 36,1%, nas pensións, do 18,5%, e nos establecementos de turismo rural, do 14,6%.

En termos de ocupación, destaca o crecemento rexistrado polos apartamentos turísticos que incrementaron en tres puntos porcentuais a súa cifra de ocupación de decembro de 2015.

Arriba
Axúdanos a mellorar!