18 feb 2019

Román Rodríguez coñece o traballo do Centro Superior de Hostalería de Galicia que cumpre 25 anos de traxectoria

Román Rodríguez, na visita ao CSHG.

 O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, percorreu as instalacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), un referente na formación dos profesionais do eidos hoteleiro e gastronómico que este 2019 cumpre 25 anos de traxectoria. Neste tempo pasaron polas súas aulas milleiros de alumnos que na actualidade desenvolven as súas carreiras en destacadas empresas do sector, moitos deles en posicións de liderado, contribuíndo á súa renovación e modernización e apostando pola excelencia.

Durante o seu percorrido, a cargo da directora do CSHG, Marta Fernández, o conselleiro de Cultura e Turismo tivo oportunidade de coñecer as distintas dependencias, entre elas, as aulas onde se imparten as leccións teóricas, así como os espazos de formación práctica, aspecto que ten un peso moi destacado: cociñas, zona de restauración ou salas de cata

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!