15 abr 2019

O Concello de Pantón acollerá a final do VIII Circuíto de Golf Sénior poñendo en valor o deporte, termalismo e gastronomía

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou  no acto no que se deu conta dos detalles do VIII Circuíto de Golf Sénior de Turismo de Galicia, que comezará a finais de abril na Comunidade Valenciana e celebrará a súa final no campo de golf Augas Santas, en Pantón, os días 24 e 25 de setembro.

Nava Castro, en Pantón.

  directora de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo participaron nun acto no que se deu conta da nova edición desta proba deportiva que arranca a finais de abril na Comunidade Valenciana

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe no acto no que se deu conta dos detalles do VIII Circuíto de Golf Sénior de Turismo de Galicia, que comezará a finais de abril na Comunidade Valenciana e celebrará a súa final no campo de golf Augas Santas, en Pantón, os días 24 e 25 de setembro.

Durante a súa intervención, Nava Castro referiuse á capacidade dun deporte como o golf para “enriquecer a experiencia turística” ao axudar a coñecer de preto numerosos recursos do destino galego, especialmente a natureza, o termalismo e a gastronomía. Neste sentido, recoñeceu o papel de entidades como a Asociación Galicia Destino Golf desde onde, dixo, “traballan cada ano por que este deporte se posicione como un reclamo turístico destacado en Galicia con diferentes probas deportivas para todo tipo de público”.

A oitava edición do Circuíto Golf Sénior abrirá as portas de Galicia a homes e mulleres con licenza en vigor e hándicap pola Real Federación Española de Golf. Terá unha fase inicial de diferentes probas clasificatorias que se celebrarán en distintos campos da xeografía española. Arrancará na Comunidade Valenciana e continuará en Navarra, Andalucía, Madrid, País Vasco, Asturias e os gañadores de cada unha das probas decidirán o trunfo definitivo en Galicia.

A cita será en setembro no campo de golf Augas Santas, en Pantón, “un excelente escenario que da boa mostra de todo o que ofrece Galicia”, explicou Nava Castro. Un destino, dixo, que se consolida como un dos principais reclamos turísticos de Galicia como así o testemuña o Instituto Nacional de Estatística (INE) que indica que nos últimos sete anos a súa demanda turística medrou case un 50%.

Neste sentido, Nava Castro valorou o seu gran patrimonio histórico, a súa capacidade termal e as súas paisaxes características da Ribeira Sacra, que vén de confirmarse como a proposta española a Patrimonio Mundial para o 2021, despois de que o Consello de Patrimonio Histórico confirmara a semana pasada a súa candidatura á Lista de Patrimonio Mundial da Unesco.

 
Arriba
Axúdanos a mellorar!