14 feb 2020

O Centro Superior de Hostelería de Galicia commemora o Día da Muller e da Nena na Ciencia reflexionando sobre o cambio climático

 A directora de Turismo, Nava Castro, participou no relatorio da divulgadora científica Alba Aguión que analizou a vinculación coa hostelería e turismo

 
Nava Castro, no acto celebrado no CSHG.

 O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) conmemorou  o Día Internacional da Muller a da Nena na Ciencia coa celebración dunha conferencia a cargo da divulgadora científica galega Alba Aguión.

No acto, ao que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a divulgadora afondonu ao redor da teoría do enxamio e intelixencia colectiva, unha rama da intelixencia artificial que estuda o comportamento colectivo dos sistemas descentralizados que se poder aplicar ao sector turístico e a hostelería. 

A directora de Turismo de Galicia salientou as vinculacións entre a ciencia, a intelixencia artificial e a actividade turística recordando que cada vez máis, os destinos apostan por un crecemento sustentable, que xere emprego e contribúa a xerar riqueza mantendo e conservando os recursos. Recordou, ademais, o papel da intelixencia artificial e o Big Data como aliados para esta sustentabilidade turística que tamén se recolle na Axenda 2030 e os seus obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).

Neste sentido, durante o acto salientouse a tendencia a primar a innovación e transformación dixital para que xerar unha oferta de turismo máis eficiente e sustentable que permita preservar os destinos, promover a cultura e os produtos locais e cidades. 

A conferencia enmárcase nas actividades complementarias do CSHG A divulgadora científica galega Alba Aguión dedícase a promover a ciencia e é experta en cambio climático. É bióloga marina pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Ecoloxía e Xestión do Medio Ambiente pola Universidade de York (Inglaterra). Foi seleccionada, ademais, como unha das 75 científicas de todo o mundo que forma parte da expedición Homeward bound, destinado a visibilizar a figura da muller e loitar contra o cambio climático. 

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!