13 xul 2021

A cidade de Santiago acolle este verán a exposición Pistoia, a pequena Compostela. O altar de prata de Santiago. Achégate á beleza

 A mosstra atópase na Igrexa da Universidade

Cartel anunciador da exposición.

 A directora de Turismo de Galicia Nava Castro, acompañada do teniente alcalde de Santiago, Gumersindo Guinarte, Antonio López, reitor da Universidade de Santiago, Alessandro Sabella, concelleiro de Turismo de Pistoia, o deán da Catedral de Pistoia, don Luca Carlesi, e Nicolò Begliomini, fotógrafo da exposición e representante da empresa que patrocina a mostra, Giorgio Tesi Group, inaugurou a exposición Pistoia, a pequena Compostela. O altar de prata de Santiago. Achégate á beleza unha mostra sobre a prenseza xacobea histórica nesta cidade italiana da rexión da Toscana.

O vínculo indisoluble que une Pistoia e Santiago de Compostela nun só camiño en nome do apóstolo Santiago o Maior, ou San Xacobe, remóntase a 1145, cando o bispo de Vallombrosan Atto fixo traer a Pistoia unha reliquia do corpo do santo, precisamente unha partícula do óso do cranio, doada a Pistoia polo arcebispo de Compostela.

Para protexer a preciosa reliquia da cabeza do santo, construíuse o Altar de Prata, o monumental mobiliario litúrxico situado no interior da Catedral de San Zeno en Pistoia no que traballaron 5 xeracións de ourives - do século XIII ao XV - e moi importante no Camiño dos peregrinos que saían de Pistoia cara a Santiago de Compostela.

A exposición é unha emocionante experiencia artístico - relixiosa fronte a esta obra, unha iniciativa que achegará aos visitantes ao descubrimento de Pistoia, unha marabillosa cidade toscana, que convida a todo o mundo a descubrir as súas innumerables belezas e tesouros escondidos.

O horario de visita a partir do día da inauguración será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a sábado, entre o 10 de xullo e o 28 de agosto.

Pistoia é unha cidade toscana con culto a Santiago o Maior dende a Idade Media. A instancias do seu bispo Atón, o arcebispo Diego Xelmírez mandoulle no século XII unha reliquia do apóstolo á catedral de Pistoia.

A reliquia de Santiago custódiase nun precioso relicario, na capela de Santiago da catedral, na mesma onde ao longo dos séculos XIII-XV creouse un altar de prata espectacular, considerado a maior obra de ourivería medieval de Europa. Unha peza mestra adicada al culto xacobeo.

A catedral de San Zeno de Pistoia ten unha Porta Santa, aberta para este xubileo compostelán, pois conta co privilexio papal de que os peregrinos que visiten a capela de Santiago de Pistoia se podan acoller aos mesmos beneficios espirituais que en Santiago de Compostela. De ahí que Pistoia sexa coñecida en Italia como a piccola Compostela. 

A exposición “Pistoia, a pequena Compostela. O altar de prata de Santiago. Achégate á beleza”. Con este título que sintetiza os contidos da Pistoia xacobea, a cidade toscana presentará este verán na igrexa da USC (antiga igrexa da Compañía de Xesús, unha das xoias barrocas compostelás), unha mostra composta por unha réplica exacta do altar de prata e unha colección de grandes e espectaculares fotografías retroiluminadas, realizadas polo fotógrafo Nicolo Begliomini.

Esta exposición, realizada dentro da programación do Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, conta coa colaboración da USC, do Concello de Pistoia, do Giorgio Tesi Group e da Asociación Cultural “The Wall”.

En correspondencia con esta exposición en Santiago de Compostela, está previsto que, entre novembro e decembro de 2021, Turismo de Galicia realice nunha sala da praza maior de Pistoia unha mostra do Xacobeo: a exposición fotográfica “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago”, contando coa colaboración da cidade de Pistoia.

 
 
Arriba
Axúdanos a mellorar!