19 set 2022

A Xunta promociona o turismo náutico galego no Salón Internacional de Southampton

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, indicou que o turismo náutico galego creceu un 40% no últimos dez anos sendo líder dun turismo de calidade e sostible

 
No acto foi presentada ao sector a carta náutica deportiva Xacobea da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla
 
Nava Castro, no Salón náutico de Southampton.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no Salón Náutico Internacional de Southampton cunha presentación na que puxo en valor a calidade das augas galegas para todo tipo de navegación. No acto foi presentada ao sector a da carta náutica deportiva Xacobea da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

A directora de Turismo de Galicia destacou durante a súa intervención que o turismo náutico galego creceu un 40% no últimos dez anos sendo líder do turismo de calidade e sostible, e indicou que iso é posible gracias a excelencia e calidade non soamente da nosa auga, senón tamén á aposta do goberno galego e os diferentes actores do sector pola especialización grazas á cal a nosa comunidade goza de 15 instalacións náuticas con A de calidade. 

Neste senso, Castro puxo en valor o impulso que colleu o sector en Galicia, apostando por un modelo turístico de calidade, seguro e sostible que buscan os turistas do século XXI e que tan bos resultados está dando á nosa comunidade. Ao respecto, recordou que “as nosas mariñas evolucionaron dende aproximadamente 7.500 tránsitos durante o 2014 ata sobrepasar a barreira dos 10.500 durante o ano pasado”

“Continuaremos traballando coa meta de visibilizar Galicia como o destino de calidade e excelencia que é, de man dun sector que, sen dúbida, é unha aposta segura para a diferenciación e o valor engadido do noso destino, ofrecendo experiencias que soamente poidan ser gozadas nas nosas costas” finalizou Nava Castro.

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!