Biografía de CECILIA PEREIRA MARIMÓN (Ourense, 1964)

En febreiro de 2018 foi nomeada Comisaria do Xacobeo 2021 e Conselleira delegada da S.A. do Plan Xacobeo.

Cecilia Pereira Marimón

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) con dúas especialidades  Museología (1982-87) e Historia do arte Antigo e Medieval (1987-88). 

Estudos de Doutoramento en Estudos Medievais (1988-90) con Recoñecemento de Suficiencia Investigadora.

Curso Superior de Xestión de Empresas e Organizacións Culturais da Universidade Complutense de Madrid- Xabide (2004-05). 

En febreiro de 2018 foi nomeada Comisaria do Xacobeo 2021 e Conselleira Delegada de SA de Xestión  do Plan Xacobeo.

Conta con máis de 25 anos de experiencia en xestión cultural en organismos da administración pública (estatal, autonómica e local) e no ámbito privado.

Traballou na promoción da cultura española no exterior como Directora de Produción en Acción Cultural Española (AC/E) (2011-13), onde tamén exerceu de Comisaria Xeral de España na Exposición Internacional de  Yeosu 2012 (Corea do Sur). 

AC/E naceu en 2011 froito da fusión de tres entidades públicas, entre elas a Sociedade Estatal para Exposicións Internacionais ( SEEI), da que foi Directora de Actividades Culturais en (2006-10), destacando o deseño do programa cultural do Pavillón de España na Exposición Internacional de Zaragoza 2008, a participación española na Bienal de Venecia de Arquitectura en 2008 e o seu labor como Directora do Pavillón de España na Exposición Universal de  Shanghái 2010, China, que con 73 millóns de visitantes en seis meses, foi a maior na Historia. O Pavillón de España, un dos de maior éxito da  Expo, con máis de 7 millóns de visitantes, contou coa presenza de 14 Comunidades Autónomas e unha nutrida axenda de eventos institucionais e empresariais.

Tamén traballou en asesoría e xestión de proxectos artísticos e culturais como a Valorización da Colección de Arte do Parlamento Europeo, 600 obras de 27 países distribuídas entre Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo (2013). Comisaria das exposicións Destino: Santiago para os Institutos Cervantes de Sofía, Berlín, Praga e Milán, e de  Moments  of  Doubts na  Third Internacional Vídeo  Art Bienal  in Israel de Tel Aviv e como consultora estratéxica para  UvetLab na Exposición Universal Milán 2015

En Galicia foi Conservadora Xefe do Centro  Galego de Arte Contemporánea (1998-2003),  comisariando unha ducia de exposicións de artistas internacionais e coordinando máis de 40 mostras temporais. Coordinou exposicións e informes para o Consorcio de Santiago. Antes traballou no Auditorio de Galicia (1991-98) en Santiago de Compostela, como responsable da coordinación, catálogos e actividades didácticas de máis de 50 exposicións. 

Foi profesora nas áreas de xestión cultural, arte contemporánea e  museología en  masters e cursos de posgrao en España e Portugal. Publicou textos en catálogos, libros e revistas especializadas.

Patroa da Fundación  ICO (Instituto de Crédito Oficial) 

Patroa da Fundación  RAC (Rosón Arte Contemporánea).

Membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega.

Arriba