03 xuñ 2013

Éxito das II Xornadas de portas abertas das rutas dos viños de Galicia

Nava Castro exalta o potencial e a calidade da enogastronomía galega nas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños

 

Turismo de Galicia organizou este evento no que participan máis de 100 empresas e que contou con múltiples actividades arredor do mundo do viño e a gastronomía

A directora de Turismo de Galicia, nas Xornadas de portas abertas dos viños de Galicia.

As cinco rutas dos viños de Galicia, Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras acolleron a pasada fin de semana as II Xornadas de Portas Abertas, nas que colaboraronn 66 adegas das Denominacións de Orixe Protexidas, que ofreceron de balde visitas guiadas polas súas instalacións e degustacións dos seus viños.

 

Dese xeito, nestas adegas desenvolvéronse catro pases para as catas e degustacións, dous pola mañá, ás once e media e á unha e outros dous pola tarde, ás cinco e ás seis e media. O domingo, o derradeiro pase desenvolveuse ás doce da mañá.

 

A directora de Turismo de Galicia realizou o sábado unha visita á adega Coto Redondo-Señorío de Rubiós da D.O. Rías Baixas con motivo desta iniciativa e resaltou a extraordinaria calidade da oferta enoturística e gastronómica do destino, así como a súa capacidade de atracción turística.

 

A enogastronomía é a segunda motivación pola que os turistas que visitan Galicia escollen a nosa comunidade como destino, de modo que as iniciativas que a poñen en valor repercuten directamente tanto na capacidade de atracción turística do destino como na percepción de destino de calidade dos turistas. Así o explicou a directora de Turismo, Nava Castro, tras a visita guiada realizada pola adega Coto Redondo-Señorío de Rubiós das Neves.

 

Pola súa parte, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, realizou unha visita a D.O. do Ribeiro o domingo 2 de xuño, e destacou a importancia do sector vinícola galego de calidade, que xerou o ano pasado máis de 153 millóns de euros, así como da promoción do turismo enolóxico a través de iniciativas como a que tivo lugar a pasada fin de semana.

 

En total participaron na Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños máis de cen empresas. Xunto coas visitas guiadas polas adegas, 27 restaurantes das zonas ofreceron dous menús especiais que se compuxeron de primeiro e segundo prato, máis sobremesa. Todo isto maridado con viños da Denominación de Orixe do Territorio. O prezo final foi de 25€ por persoa co IVE engadido. Estes restaurantes tamén ofreceronn menús especiais para menores de 12 anos a un prezo de 10€.

 

En cada Ruta houbo ademais, rutas guiadas as vilas ou concellos coma ao conxunto histórico de Ribadavia, ao concello de Vedra ou ao Monforte Medieval. Tamén houboá visitas a distintos enclaves coma ao Castelo de Monterrei, a Reitoral de Santo André de Camporredondo, Monte de Santa Tegra, Pazo de Rubiáns ou ao Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, entre outras. O programa completouse con actividades relacionadas co mundo do viño coma exposicións fotográficas, rutas dacabalo, conferencias, concursos, xincanas, tren turístico, paseos en barca e descontos en 22 establecementos de aloxamento enclavados nestas cinco Rutas dos Viños de Galicia.

 

Coincidindo coa xornada cellebrouse tamén en Pantón a XX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón e as XXVI Xornadas da Rota do Románico.

 
Concertos gratuítos


Como gran novidade, o sábado ás oito da noite celebrouse un concerto musical gratuíto en cada unha das rutas.

 

- Así na Ruta do Viño de Monterrei puídose gozar da actuación de Banda Crebinsky no castelo de Monterrei.

 

- No Ribeiro, o concerto musical celebrouse no Auditorio do Castelo dos Sarmiento en Ribadavia e estivo a cargo do grupo AcadaCanto.

 

- Na Ruta do Viño das Rías Baixas actuou o grupo Eladio y los Seres Queridos no Salón Jose Peña de Cambados.

 

- Na Ribeira Sacra o concerto foi de Nadjla Shami na Igrexa dos Escolapios de Monforte de Lemos.

 

- E na Ruta dos Viños de Valdeorras o concerto correu a cargo do grupo Los Chavales no Cine Centro Cultural Avenida da Rúa.

 
App enoturismo


Como valor engadido a este programa e tamén integrado no Plan de Gastronomía de Galicia, deseñouse unha ferramenta para promocionar o enoturismo utilizando as tecnoloxías dos teléfonos intelixentes.

 

Esta aplicación é gratuíta e pódese buscar nas bibliotecas ou app stores dos móviles de última xeración (Iphone, Android ou Blackberry) tecleando as palabras ENOTURISMO GALICIA.

 

A información actualízase en tempo real cada vez que se introduce nova información na web de Turismo de Galicia e proporciónase en tres idiomas: galego castelán e inglés, de xeito que o usuario opta polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación.

 
Concurso Turismo de Galicia


Poutra parte, Turismo de Galicia, desenvolveu na rede social Facebook un concurso, no que se sortearon 18 estancias para dúas persoas, unha en cada un dos establecementos turísticos asociados a esta promoción. Son estancias para dúas persoas que inclúen o aloxamento da noite do sábado 1 de xuño, e o almorzo do domingo 2 de xuño. Púidose participar nesta promoción a través da conta de Facebook de Turgalicia.

Arriba