09 nov 2015

Quince cadeas hoteleiras e empresas do sector turístico participaron no workshop de emprego do Centro Superior de Hostalería de Galicia

Os antigos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia fixeron unhas 400 entrevistas de traballo con cadeas hoteleiras internacionais como Accor, Mandarín, NH ou Starwood.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebrou a oitava edición do Workshop do Club de Antigos Alumnos no que participaron un total de 15 cadeas hoteleiras e empresas do sector turístico.

O obxectivo desta feira que celebra cada ano o Centro Superior de Hostalería de Galicia é axudar aos antigos alumnos a atopar un traballo no sector.

Os responsables de Recursos Humanos de Palladium, Accor, Mandarín Oriental, Catalonia, H10, Oca Hotels, Starwood, NH, Ritz-Carlton, Hotusa, AC Hotels, Iberostar, Blue Diamond, Ibérica London e Sixt a Rent entrevistaron aos alumnos que xa finalizaron os seus estudos que busquen unha oportunidade laboral.

Cada cadea tivo unha zona de traballo no pavillón polideportivo onde recibiu aos candidatos. O proceso realizouse a través de entrevistas personalizadas disfrutando cada alumno de ata seis encontros.

Despois de oito anos, a experiencia do evento mostra un alto porcentaxe de contratación. Algúns alumnos participantes xa conseguen o contrato no mesmo encontro, outros durante o próximo mes e outros cando aparece unha vacante que se adapta ao perfil do solicitante.

Os alumnos consideran o workshop como unha oportunidade única para o seu acceso ao mercado laboral e as empresas mostran gran interese pola celebración deste evento xa que lles permite atopar moitos candidatos e perfiles profesionais nun solo día.

Arriba