26 nov 2017

Turismo de Galicia promove os produtos relacionados coa natureza na XXI edición da feira Intur de Valladolid

Instalou un recinto institucional con módulos específicos sobre a oferta xeral, o Camiño de Santiago e as experiencias turísticas galegas

 
Paralelamente, o Clúster Turismo de Galicia participou no encontro profesional INTUR Neg
Intur 2017.

 Turismo de Galicia tivo unha nova cita cunha das feiras de promoción e comercialización do ámbito turístico da natureza máis importante do calendario en España. Trátase da feira INTUR, que se celebrou en Valladolid a pasada fin de semana, e que este ano celebrou a súa XXI edición.

Turismo de Galicia instalou na capital castelá dentro deste certame turístico un recinto de 100 metros cadrados para a promoción e apoio á comercialización dos produtos turísticos galegos relacionados coa natureza, o deporte, a cultura e a gastronomía.

Neste sentido, o espazo de promoción de Galicia nesta feira contou con tres módulos desde os que se promoveu de xeito específico a oferta xeral da Comunidade, o Camiño de Santiago e as experiencias turísticas galegas.

Ademais, o pavillón galego serviu de punto de encontro para os profesionais do turismo galego que participaron nesta feira ao obxecto de manter reunións de traballo con operadores turísticos e axentes de viaxes.

INTUR negocios

Paralelamente desenvolvéuse o programa INTUR negocios, unhas xornadas de comercialización reservadas aos profesionais do turismo e nas que participan comercializadores turísticos, tanto nacionais como internacionais. Nestas xornadas participaron empresarios membros do Clúster Turismo de Galicia.

INTUR continúa a ser un dos referentes nacionais para a promoción turística interior. Entre o seu público conta con moitos clientes turísticos de Galicia e persoas interesadas pola oferta da Comunidade galega.

O público de INTUR síntese especialmente atraído polo Camiño de Santiago, os espazos naturais de Galicia, a costa e o turismo rural.

 

 

Arriba