06 mai 2019

A Xunta afonda na internacionalización do turismo galego coa participación en dúas accións de promoción en Oriente Próximo

 Cultura e Turismo participou na Arabian Travel Market e nunhas xornadas de promoción directa para o mercado dos Emiratos Árabes Unidos, Kuwait e Catar

 
Workshop en Catar.

 O labor de promoción internacional do turismo galego que desenvolve anualmente a Consellería de Cultura e Turismo centróuse este días nos mercados de Oriente Próximo a través da participación no certame Arabian Travel Market e nas xornadas de promoción directa para esta rexión asiática.

Deste xeito, o departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia estivo en Dubai ao obxecto de promover os produtos turísticos relacionados coas compras, os destinos urbanos e os servizos máis exclusivos, dentro dun mercado emisor caracterizado polo seu alto nivel adquisitivo.

Por outra parte, a Xunta participou a través da Axencia Turismo de Galicia, nas xornadas directas de Oriente Medio, que levaron a oferta da Comunidade aos Emiratos Árabes Unidos, Kuwait e Catar, dentro da xira para promover o turismo galego en Oriente Próximo.

A Consellería de Cultura e Turismo tamén mantivo o día 1 un encontro cos principias operadores turísticos de Dubai, encontro que se trasladou o día 2 a Kuwait e o 3 a Catar.

Estas xornadas, incluídas dentro do Plan Operativo de Turespaña, contan coa participación de Turismo de Galicia co obxecto de promover os segmentos de turismo urbano, cultural, compras e gastronomía e abrir a oferta galega deste xeito a novos mercados emerxentes de carácter internacional.

 

 

Arriba