30 set 2019

Galicia participou en reunións profesionais en París e Madrid para promover o turismo de congresos

 A Consellería de Cultura e Turismo participou en encontros de traballo en diferentes workshops con algúns dos operadores máis importantes de Europa

 
 
Meetings Space Autum

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turismo de Galicia participouestes días en dúas reunións profesionais programadas para a promoción do turismo de negocios galego no eido internacional.

Así, o departamento de promoción turística da Xunta de Galicia estivo presente no Meetings Space Autum, que se celebrou en Madrid e no que estaban axendadas 25 reunións de traballo cos operadores máis importantes de Europa relacionados co sector do MICE (Meetings, Incentives, Conferences and Exhibitions), acrónimo inglés que fai referencia ao turismo de reunións e negocios.

Por outra parte, a Xunta participaou na feira Pure Meeting & Events, na que se mantiveron varias reunións cos operadores turísticos especializados máis importantes do mercado francés para promover este segmento turístico no país veciño.

No eido do turismo de congresos continúa aberto o prazo para participar na nova orde de axudas dirixida a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro acontecemento relativo ao turismo de reunións en Galicia. Esta convocatoria en concorrencia competitiva, conta cun orzamento global de máis de 500.000 euros para as actividades desenvolvidas desde o 1 de setembro de 2019 ata o 30 de setembro do 2020.

Convocatoria aberta para a liña de axudas

Poden ser beneficiarias universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros, institutos, departamentos, seccións ou outras unidades de investigación; sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica propia.

Tamén se poden beneficiar empresas ou sociedades privadas que promovan especificamente congresos, reunións, xornadas técnicas, eventos, presentacións ou incentivos Á hora de valorar a concesión da subvención teranse en conta criterios como o tipo de congreso, evento ou reunión, o seu ámbito xeográfico, o número de asistentes e o mes de celebración, así como as actividades complementarias propostas, entre outros. As entidades beneficiarias poderán acadar entre 25.000 euros e 2.500, segundo os puntos acadados. Ademais, Turismo de Galicia facilitará material promocional ás entidades organizadoras beneficiarias ata esgotamento de existencias. Os interesados en participar poden atopar as condicións na convocatoria do Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo de recepción de solicitudes está aberto ata o día 16 de outubro.

 
Arriba