08 set 2020

Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Turismo

A Vicepresidencia Primeira asume as competencias de Turismo na Comunidade galega

Alfonso Rueda, na súe toma de posesión o día 7 de setembro.

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

- Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta

- Ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia

- É presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra

- Foi conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde abril de 2009 e vicepresidente desde 2012.

 
Arriba