05 mai 2023

Galicia terá este ano 113 praias con bandeira azul, a terceira comunidade con máis galardóns deste tipo

 As praias de Caranza, en Ferrol, e O Adro, en Vigo, entran na listaxe por primeira vez

Tamén haberá 12 portos galegos con bandeira azul este verán, 1 máis que en 2022
 
A Asociación de educación ambiental e do consumidor concede 14 distintivos a outros tantos centros de visitantes e aulas da natureza de toda a Comunidade
 
Sanxenxo repite de novo como o municipio español con máis praias galardoadas, concretamente 17, ademais de contar con 3 portos distinguidos e 1 centro azul
 
Galicia consolida a súa posición a nivel nacional ao recibir un total de 174 distintivos en recoñecemento á calidade dos seus areais, portos deportivos, centros e sendeiros
 
Praia de Rodeira, en Cangas

 Galicia contará este ano cun total de 113 praias pertencentes a 34 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en todo o país e consolida a súa posición entre as tres comunidades autónomas que reciben cada ano un maior número de distintivos para as súas praias, só superada por Valencia (que ten 135) e Andalucía (127).

Dos 113 areais galegos galardoados nesta edición —que se estenden ao longo de 53,2 km de costa e supoñen 1 máis que en 2022—, cómpre subliñar que 2 lucirán a bandeira azul por primeira vez: Caranza, no municipio de Ferrol, e O Adro, en Vigo. Ademais, a praia de Rodeira, en Cangas, recupera a insignia que non recibira o ano pasado.

A maiores das praias recoñecidas en 2023, en 12 portos deportivos galegos tamén ondeará este verán unha bandeira azul. Será 1 máis que na pasada edición, grazas á incorporación de Pedras Negras, no municipio do Grove.

De igual xeito e aínda que neste caso non lucirán bandeira como tal, Adeac volveu recoñecer un ano máis o labor dos chamados centros azuis. En concreto, 86 aulas da natureza, centros de visitantes e instalacións dedicadas á educación ambiental de todo o país terán esta consideración e deles 14 están en Galicia. Neste caso, á listaxe galega de centros azuis se suma por primeira vez a Casa Museo de Colón, en Poio.

Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Por provincias, Pontevedra concentra o maior número de bandeiras azuis de Galicia, concretamente 58 que recaen noutras tantas praias e 6 en instalacións portuarias. No caso da Coruña, os galardoados foron 37 areais e 5 portos e, no de Lugo, recoñeceuse con este distintivo a 18 praias e 1 porto deportivo.

Ademais, Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados, un total de 17, os mesmos que logrou o ano pasado. O concello pontevedrés suma tamén outras 3 distincións para os seus portos deportivos e terá de novo 1 centro azul.

Así mesmo, no caso da provincia da Coruña, Arteixo volve ser o que concentra este ano un maior número de bandeiras, cun total de 8 praias seleccionadas; seguido da Coruña —5 areais e 1 porto—, Oleiros —con 5 areais distinguidos ademais de contar con 2 centros azuis— e Ferrol —con 5 praias recoñecidas tamén ao sumar a de Caranza—. 

Por último, Foz é o concello lucense con máis areais galardoados, un total de 5; seguido de Burela, con 3 praias e 2 centros azuis; Barreiros, con 3 areais; e Ribadeo, que suma 2 praias con bandeira azul e o único porto distinguido nesta provincia.

A Comunidade con máis sendeiros azuis

Por último e con relación aos chamados sendeiros azuis, cómpre precisar que por segundo ano consecutivo Adeac convocou estes distintivos no marco dun programa independente ao de bandeira azul.

De feito, o acto de entrega de premios aos 104 roteiros galardoados en 2023 en todo o país celebrouse o pasado 24 de febreiro en Santiago de Compostela, un recoñecemento a Galicia, que sigue sendo a comunidade española con máis sendeiros azuis —35 este ano, 6 máis que na edición anterior— . 

En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos por Adeac, Galicia atesoura 174 distintivos, 8 máis que en 2022, uns datos que confirman e consolidan a súa posición entre as comunidades españolas que concentran cada ano un maior número de recoñecementos deste tipo.

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2023 en Galicia, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * os que o reciben por primeira vez.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2023

 

PROVINCIA DA CORUÑA

 

14 concellos / 37 areais

 

A Coruña

As Lapas

Orzán-Matadero

Oza

Riazor

San Amaro

A Laracha

Caión

Arteixo

A Hucha

A Salsa (Repibelo)

Barrañán

Combouzas

O Reiro

Sabón

Valcobo

Porto de Suevos

As Pontes

Lago das Pontes

Bergondo

Gandarío

Camariñas

Arou

Carballo

Pedra do Sal

Razo

Saíñas

Dumbría

O Ézaro

Ferrol

A Fragata-O Pareixal

Caranza *

Doniños

Esmelle

San Xurxo

Laxe

Laxe

Miño

Perbes-Andahío

Oleiros

Bastiagueiro

Espiñeiro

Mera

Naval

Santa Cristina

Ponteceso

A Ermida

Balarés

O Osmo

Ribeira

Coroso

 PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 18 areais

Barreiros

Fontela Valea

Coto

A Pasada

Burela

A Marosa

O Portelo

Ril

Cervo

O Torno

Foz

A Rapadoira

Areoura

As Polas

Llas

Peizás

O Vicedo

Abrela

Xilloi

Ribadeo

As Catedrais

Os Castros-Illas

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

 PROVINCIA DE PONTEVEDRA

12 concellos / 58 areais

A Guarda

Area Grande

O Muíño

Illa de Arousa

Area da Secada

Bao (Camaxe)

Baiona

Barbeira

Concheira

Frades

Ribeira

Santa Marta

Bueu

Area de Bon

Banda do Río

Lagos

Lapamán

Portomaior

Cangas

Areabrava

Areamilla

Liméns

Menduíña

Nerga

Rodeira

Marín

Aguete

Mogor

Portocelo

Santo do Mar-A Coviña (2 praias)

Moaña

O Con

Poio

Cabeceira

Ponte Caldelas

A Calzada (praia fluvial)

Sanxenxo

A Lapa

Agra

Areas

Areas Gordas

Baltar

Bascuas

Canelas

Caneliñas

O Espiñeiro-A Lanzada

Foxos

Major

Montalvo

Nosa Señora da Lanzada

Panadeira

Paxariñas

Pragueira

Silgar

Vigo

A Punta

Argazada

Canido

Carril

Fontaíña

Fortiñón

O Adro *

O Vao

Rodas (Illas Cíes)

Samil

Santa Baia

Tombo do Gato

Vilagarcía de Arousa

Campanario

Compostela

   

PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2023

A Coruña

A Coruña

Real Club Náutico A Coruña-Marina Real

Boiro

Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz

Sada

Club Náutico Sada

Porto Deportivo Sadamar

Porto do Son

Real Club Náutico de Portosín

Lugo

Ribadeo

Porto Deportivo de Ribadeo

Pontevedra

Baiona

Monte Real Club de Iates de Baiona

Cangas

Porto Deportivo Cangas (Real Club Náutico Rodeira)

O Grove

Porto Deportivo Pedras Negras *

Sanxenxo

Real Club Náutico Sanxenxo

Club Náutico Portonovo

Porto Deportivo Juan Carlos I

 CENTROS AZUIS 2023

A Coruña

Oleiros

Centro de visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

A Laracha

Centro de interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar

Camariñas

Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán

Museo Man de Camelle

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Cervo

Carpintería de Ribeira Francisco Fra

Pontevedra

Bueu

Aula de Natureza Cabo Udra

Centro de interpretación Agrelo

Sanxenxo

Centro de interpretación As Telleiras

A Illa de Arousa

Centro de interpretación da Conserva

Marín

Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor

Poio

Casa Museo de Colón 

 

Arriba