CALIDADE TURÍSTICA

10 Apr 2018

HOTELFORUM CSHG: II FORO HOTELERO DE TURISMO DE GALICIA

Pechado

 

 

 

TURISMO DE GALICIA presenta o  II HOTELFORUMCSHG: ESTRATEXIAS E INVERSIÓNS NO  NOVO PARADIGMA HOTELEIRO , un foro orientado a hoteleiros no que se darán cita profesionais expertos para coñecer e debater sobre as estratexias e inversións do negocio hoteleiro despois da crise, para seguir contribuíndo ao incremento da cifra de viaxeiros e a rendibilidade dos aloxamentos turísticos.

 

Programa

 

9:45 hrs. Acto Inauguración
#Marta Fernández – Directora de Profesionalización Turismo de Galicia

10:00 – 11.30hrs. Sesión I: “Valorando alternativas para os hoteis independentes: da franquía á representación”

Presenta: José Sánchez. Profesor de Aloxamento CSHG

O sector hoteleiro continúa mostrando unha tendencia de concentración de cadeas e de afiliación dos hoteleiros independentes a diversas ensinas baixo múltiples fórmulas. O abanico que se presenta é amplo: alugueres, contratos en Management, de representación, ... A propiedade ten que afrontar unha das decisións estratéxicas máis importantes. ¿Que vantaxes e inconvenientes presenta cada unha das distintas fórmulas? e sobre todo ¿cales son os aspectos máis importantes da situación actual da propiedade que teñen que terse en conta e como deben ser valorados?

# Álvaro Lens. Director  Hotel Blue Coruña
#Albert Grau. Socio-Director de Magma Hospitality Consulting
# Jesús Seseña. Director  Desarrollo en Accor Hoteles España e Portugal
# Jorge Rosillo. Director Dto. Hoteis en Savills Aguirre Newman

Modera: Casimiro Coello,   Director Alimarket

11:30 – 12:00  hrs.  Pausa café

12:00 – 13:30 hrs.  Sesión II: “Innovación e emprendemento hoteleiro nos mercados maduros”

Presenta: Andrés  Nieto, Xefe Departamento de Comercialización Hoteleira e Revenue Management

O ano 2018 continúa a tendencia no incremento do rexistro de viaxeiros en España. De igual forma, a oferta continúa crecendo e diversificándose. No mercado aparecen novas opcións de aloxamento, dende os hoteis de carácter máis convencional que buscan la diferenciación  e especialización en determinados segmentos do mercado a transformacións  perturbadoras que mediante a tecnoloxía revolucionaron o mercado do aluguer vacacional tradicional. ¿Como se describe o panorama do sector do aloxamento na actualidade? ¿que efectos está producindo no mercado hoteleiro a aparición de novos produtos e novas fórmulas de negocio?

# Ignacio Jiménez Artacho. Socio Fundador de Hidden Away Hotels
# Juanjo Bande. Airbnb Host y consultor en  Erentalsurvey
# Gonzalo de la Mata Gurriarán. CEO Sleepn Hotels
#Jesús Rodríguez Maseda. Director asociado Horwath HTL España, Portugal e Andorra

Modera: Victor Badorrey Fernández-Pacheco, Director Relacións Institucionais e Tecnoloxía de Segittur

13:30 hrs.  Conclusións do II Foro Hoteleiro de Turismo de Galicia

14:00 hrs. Clausura
#Nava Castro- Directora de Turismo de Galicia

 
 

Arriba