CALIDADE TURÍSTICA

22 Apr 2021

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: SUSTENTABILIDADE NO SECTOR PRIMARIO”

Pechado

 

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: SUSTENTABILIDADE NO SECTOR PRIMARIO”

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.

Cara a obtención  dun mellor abastecemento do canal HORECA é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.

OBXETIVOS

  • Aprender discernir as producións agrarias cun menor impacto ambiental.
  • Adquirir ferramentas para poñer en valor o correcto abastecemento dos establecementos.
  • Dotar de mellores ferramentas de comunicación das boas praxes da restauración.



DATA:
Jueves, 22 de abril  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 100

RELATOR: Rocío García Carregal
Licenciada en Ciencias Físicas, formada en sustentabilidade na Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, traballou ao longo da súa carreira profesional en diversos proxectos relacionados co eido medioambiental. A día de hoxe exerce dende Slow Food Compostela, no que é secretaria da asociación, e onde onde traballa con proxectos de desenvolvemento no sector primario e canal HORECA. Durante este anos participou coma consultora no programa de “Agricultura Familiar” da FAO e como observadora para a ONU na COP25.
 
 
DESTINATARIOS:

Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou  propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
 

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

.

INSCRICIÓN:

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

Arriba