CALIDADE TURÍSTICA

24 Oct 2022

CURSO DE INGLÉS PARA O SECTOR TURÍSTICO

Pechado

 

CURSO COMPLETO

 

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas para que os profesionais do sector poidan  mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia.

O Curso myEnglish  permitirá continuar a formación nos diferentes sectores ofertada no ano 2021 e 2022 por Turismo de Galicia,  ou iniciar a formación en lingua inglesa  e aprender a comunicarse de modo máis efectivo con clientes  e mellorar a comunicación con clientes internacionais no destino Galicia.

METODOLOXÍA:
Curso 100%  en liña  de 50 horas de duración, con acceso 24 horas todos os días da semana,  garantindo  a máxima flexibilidade de horarios.
É un curso intuitivo e fácil de usar, con contidos creados por  Oxford University Press,  que che axudará a desenvolver as túas destrezas de lectura, escritura e fala coa axuda dun profesor virtual. 
Ao inicio do curso, o alumno terá un Webinar de Benvida por parte do titor e servizo de titorías vía correo electrónico durante todo o curso do que poderá dispoñer mentres fai o curso no horario que mais lle conveña.

Cada curso consta de 12 unidades básicas  con autoavaliacións. Así mesmo o alumno ten dispoñible durante todo o curso recursos extras como Business Videos, Works mails, Articles, Working Culture, Phrasal Verbs, etc e o Diccionario Oxford Wordpower online
 

NIVEL DE IDIOMA DO CURSO:
Hai un total de 12 niveis dispoñibles, dende o A1 ate o C1+ ( De iniciación, medio, alto e  perfeccionamento)
Cada alumna/o  unha vez seleccionada/o realizará unha proba inicial de inglés, que determina o seu nivel para o curso.

Están exentos de facer a proba de nivel, os que teñen algunha certificación do curso de inglés de Turismo de Galicia , e poderán solicitar praza no nivel superior ao superado. Debe marcar esta condición ao facer a solicitude.

DATAS:

Solicitude de praza: do 6 de outubro ao 20 de outubro

Confirmación admitidos: 21 de outubro

Duración do curso: O curso consta de 2 períodos cun descanso en xullo e agosto, que os alumnos terán acceso á plataforma de formación para repasar contidos.

1º período: Do 24 de outubro ao 3 de decembro

2º período: do 16 de xaneiro ao 24 de febreiro

Exame: 28 febreiro a 3 de marzo ( a elexir día e hora). Duración: 1 hora. 

 

Nº CURSOS: 12 ( un de cada nivel)

Nº PRAZAS: 250

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse cos seus clientes.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 50 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o test de autoavaliación final.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:

Para inscribirse: PREMA AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba