CALIDADE TURÍSTICA

13 Jan 2026

CURSO ALEMÁN TURÍSTICO (Nivel A2)

Pechado

CURSO ALEMÁN TURÍSTICO (Nivel A2)

Para solicitar praza: FAI CLIC AQUI

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2026, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  cunha oferta de formación en diferentes linguas e niveis para que os profesionais do sector poidan  mellorar a calidade do servizo a peregrinos e turistas que visitan Galicia.

O curso de Alemán Turístico de Nivel A2, de 75 horas de formación, permitirá seguir mellorando os coñecementos da lingua alemá para poder comunicar da maneira máis efectiva con clientes. Se fixestes o curso de Nivel A1 continúa a túa formación cómodamente, desta volta aprenderás dunha maneira autónoma como falar sobre viaxes, a cidade, o mundo laboral, así como a casa, a comida, os deportes, estudos e tempo libre. Describiremos festas, celebracións e falaremos de regalos aprendendo a falar sobre o pasado, tratando temas gramaticais como o Perfekt, os verbos con preposicións, o Konjuntiv II, verbos reflexivos, pretérito dos verbos modais, entre outros.

METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A2


DATAS:

Solicitude de praza: do 23 de decembro de 2025 ao 11 de xaneiro de 2026

Confirmación admitidos: 12 de xaneiro

Duración do curso: Do 13 de xaneiro  ao 23 de marzo

Exame: do 25 ao 27 de marzo

 
Nº PRAZAS:
100 prazas dispoñibles


DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua alemá para comunicarse con turistas e peregrinos.

REQUISITOS:
Ter acreditado Nivel A1de Alemán ou certificado de Turismo de Galicia do Curso Alemán Turístico Básico (A1). Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final  en liña,  en horario libre, que poderá facer entre o Mércores 25 e o venres 27 de marzo de 2026 ate as 14:00 horas.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:

Para solicitar praza: FAI CLIC AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba