CALIDADE TURÍSTICA

09 feb 2026

CURSO DE INGLÉS PARA O SECTOR TURÍSTICO (50 HORAS)

Pechado

CURSO DE INGLÉS PARA O SECTOR TURÍSTICO ( 12 NIVEIS)

Solicitude de praza: FAI CLIC AQUI

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2026, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego. O Curso myEnglish  permitirá aos participantes continuar a formación ofertada nos anos anteriores por Turismo de Galicia,  ou iniciar a formación en lingua inglesa, deste xeito contribuir á mellora da comunicación con clientes internacionais no destino Galicia.

METODOLOXÍA:
Curso 100%  en liña  de 50 horas de duración, con acceso 24 horas todos os días da semana,  garantindo  a máxima flexibilidade de horarios.
É un curso intuitivo e fácil de usar, con contidos creados por  Oxford University Press,  que che axudará a desenvolver as túas destrezas de lectura, escritura e fala coa axuda dun profesor virtual. 
Ao inicio do curso, o alumno terá un Webinar de Benvida por parte do titor e servizo de titorías vía correo electrónico durante todo o curso do que poderá dispoñer mentres fai o curso no horario que mais lle conveña.

Cada curso consta de 12 unidades básicas  con autoavaliacións. Así mesmo o alumno ten dispoñible durante todo o curso recursos extras como Business Videos, Works mails, Articles, Working Culture, Phrasal Verbs, etc e o Diccionario Oxford Wordpower online.
 

NIVEL DE IDIOMA DO CURSO:
Hai un total de 12 niveis dispoñibles, dende o A1 ate o C1+ ( De iniciación, medio, alto e  perfeccionamento)
Cada alumna/o  unha vez seleccionada/o realizará unha proba inicial de inglés, que determina o seu nivel para o curso.

Están exentos de facer a proba de nivel, os que teñen algunha certificación do curso de inglés de Turismo de Galicia de edicións pasadas (2021, 2022, 2023, 2024 e 2025) e poderán solicitar praza no nivel superior ao superado. Debe marcar esta condición ao facer a solicitude.

DATAS:

Solicitude de praza: do 16 de Xaneiro ao 2 de Febreiro

Confirmación admitidos: 3 de Febreiro

Inicio do curso: 9 de Febreiro

Duración do curso: do 9 de Febreiro ao 16 de Abril

Exame: Do 17 ao 23 de Abril (a elexir día e hora). Duración: 1 hora. 

 

Nº PRAZAS: 100

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo atendendo ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse cos seus clientes.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 50 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o test de autoavaliación final. O test de autoavaliación realizaráse en liña a través da Plataforma de Teleformación de Turismo de Galicia,  en horario libre, entre o venres 17 e o xoves 23 de Abril ate as 14:00 horas.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:

Solicitude de praza: FAI CLIC AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba