Turismo de Galicia pon a disposición das persoas propietarias dos albergues o seguinte formulario para o rexistro de Grupos Burbulla, isto é, persoas viaxeiras que forman un grupo estable e que van convivir relacionándose maioritariamente entre eles durante os días que dure a súa viaxe, e cuxos membros comprométense a minimizar a interacción con outras persoas alleas ao grupo, e no caso de existir a nomeada interacción faría sempre respectando estritamente as normativas sanitarias vixentes de prevención da Covid-19.

A declaración de que forman parte dun Grupo Burbulla será realizada polas persoas integrantes, e habilitaráselle para ser hospedados en cuartos de capacidade múltiple nos establecementos de aloxamentos que dispoñan das mesmas, podendo ocupar os nomeados cuartos sen ter en conta o límite de aforo permitido para persoas non convivintes, sempre e cando neses cuartos non se aloxe a ningunha persoa allea ao grupo nin tampouco pertencente a un Grupo Burbulla distinto.

Arriba
Axúdanos a mellorar!