Mananciais de Galicia

GALICIA É AUGA.

Galicia é o principal destino termal de España. O número de mananciais existentes na comunidade supera os 300, o que a converte nunha das rexións europeas con maior riqueza en augas minerais e termais, que xa explotaban os romanos.

Os nosos balnearios contan cunha longa tradición como centros terapéuticos, de relax e de lecer.

A auga do mar tamén posúe múltiples beneficios para relaxar corpo e mente. Nos talasos concéntranse todas esas bondades. Ademais da auga, os tratamentos con algas, barros e sales mariñas, combinadas con outros produtos como o viño ou o chocolate, proporcionan unha vivencia estimulante.

En Galicia o mar ofrece os peixes e mariscos máis selectos do mundo, garda tesouros somerxidos no seu océano, as súas illas innumerables lendas. E a auga conforma paisaxes de singular beleza, onde os viñedos atopan as condicións ideais para producir excelentes viños.

Ofrecémosvos experiencias turísticas termais para vivir Galicia dunha maneira diferente, a través da auga, conxugando o mellor da nosa terra co descanso en balnearios e talasos.

Balnearios e talasos
de Galicia

Dende un modesto balneario tradicional no que mellorarse dalgunha afección ata un establecemento á última no que optar por un tratamento de relax, estética ou saúde.

Balnearios

Desde os orientados ao aspecto terapéutico máis tradicional dos balnearios; aos máis luxosos, que adoitan mesturalo co aspecto máis recente e lúdico destes establecementos.

Talasos

Os centros de talasoterapia sérvense con fins preventivos ou terapéuticos da auga mariña e outros elementos da súa contorna coma algas, limos, lodos e ata o aire mariño.

Arriba
Axúdanos a mellorar!