No marco do programa Galicia, destino seguro, a Xunta recolle, entre as súas medidas, apoio económico aos profesionais e establecementos do sector para a adopción de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

A prioridade é que estas acción cheguen ao maior número posible de establecementos galegos, polo que a Xunta pretende contribuír á adquisición do material necesario.

No Consello da Xunta do venres 29 de maio deuse visto bó a:

  • Axudas a establecementos de hostalería e restauración, axencias de viaxe e outros locais turísticos, que cubrirán o 100% de investimento, ata 1.200 euros desde un mínimo de 300 euros. Irán destinadas a establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 metros cadrados.
  • Tamén contarán con apoios do 80% do investimento a pemes de menos de 50 traballadores desde un mínimo de 1.500 euros ata un máximo de 3.750 euros.

Máis información e solicitudes en: http://www.igape.es

Arriba