INFORMACIÓN

Manuais de aplicación ante a COVID-19

No marco do programa Galicia, destino seguro, a Xunta reforza a información das novas medidas e protocolos para o sector turístico no eido hixiénico-sanitario.

A través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Saúde Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), en colaboración con representantes do sector e entidades como o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e especialistas como o profesor e catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Juan Gestal, elaboraron diferentes manuais vivos e suxeitos a actualizacións que condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade, as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e outros consellos adaptados aos establecementos galegos, tendo en conta as súas particularidades para facilitar a consulta dos diferentes axentes.

Arriba