Galicia destino seguro

No camiño da reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da covid-19, a Xunta de Galicia e o sector teñen en marcha o programa Galicia destino seguro, como parte do Plan de Reactivación do sector cultural e turístico. A través dunha batería de medidas trabállase para garantir, por unha parte, que o sector se adapte ao novo escenario e, por outra parte, que os turistas viaxen a Galicia con confianza.

Para o sector profesional, o Goberno autonómico actúa en catro ámbitos: a información coa publicación e posta a disposición de manuais e materiais que recompilan os requisitos e protocolos hixiénico-sanitarios necesarios neste novo escenario; a formación, a través de diferentes cursos gratuítos e certificables; o asesoramento e o financiamento para que empresas e profesionais do sector turístico se adapten en materia de seguridade sanitaria.

Con todas estas medidas, a Administración autonómica pretende tamén que os turistas e peregrinos que viaxen a Galicia podan facelo coas máximas garantías.

Arriba