No camiño de reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da COVID-19, a Xunta e o sector turístico traballan no programa Galicia, destino seguro. Inclúese unha batería de accións para mellorar a información a través dunha serie de manuais por sectores que recompilan os requisitos hixiénico-sanitarios obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade e recomendacións adaptadas ás especificidades do noso territorio.

Formación voluntaria e gratuíta

Tamén se conta cun Plan de formación específico, con 500 accións formativas previstas que se coordinarán en colaboración co sector, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) así como das asociacións provinciais e organismos sectoriais. Esta formación é gratuíta de carácter voluntario, e pretende que o sector do turismo de Galicia estea formado en materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 para facer de Galicia un destino seguro.

As accións da Xunta inclúen asesoramento e financiamento das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria para adecuarse á situación actual, no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico.

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou:

  • O teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas
  • O enderezo electrónico: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

Nesta páxina, Turismo de Galicia, vai a aglutinar toda a información de interese sobre accións e documentos oficiais relacionados coa COVID-19, conforme se vaian xerando.

Galicia, Camiño seguro

CORONAVIRUS
EN GALICIA

Consulta toda a información sobre o impacto da COVID-19 en Galicia ou rexístrate coma persoa viaxeira en Galicia

Accede a TURESPAZO
e descarga os códigos QR

Entra en TURESPAZO e descarga os códigos QR que permitirá que os teus clientes poidan rexistrar a súa visita empregando a app PassCOVID

Plan de axudas da Xunta de Galicia á hostalaría, autónomos e microempresas

Consulta toda a información sobre o Plan de axudas

Arriba
Axúdanos a mellorar!